Incoherencia do PP

 

Así, Feijoo chegou á Xunta prometendo acabar co paro en cuestións de días e foi incapaz de desenvolver políticas a prol da reactivación económica en máis de tres anos de Goberno autonómico. O mesmo que aconteceu con Rajoy, que aínda por riba dicía que non ía a abaratar o despedimento, nin recortar en ensino, en sanidade ou en servizos sociais, nin dar cartos aos bancos, e logo de medio año incumpriu todas esas promesas, e agora por riba pretender vender o RESCATE como unha simple inxección de capital aos bancos e éxito, cando en realidade é a demostración palpábel da incapacidade do PP para coa gobernanza do país, asemade é un rescate en toda regla proque os intereses do dito préstamo de até 100.000 millóns de euros contarán como débeda e o préstamo o pide o propio Estado.

 

Esquerda unida denuncia a incoherencia do PP que cando estaba na oposición solicitaba comisións de investigación e transparencia e agora que está no goberno as rexeita e practica a opacidade. Así, na oposición denunciaba irregularidades en relación co Fondo de Investimento Local (FEIL), o chamado plan Zapataero, mais agora mira para outro lado.

 

É un feito que o Tribunal de Contas concluíu que houbo anomalías na xestión municipal dos FEIL do ano 2009, censurando incluso o sobrecusto dalgún dos proxectos como no caso do polideportivo de Novo Mesoiro. Asemade, o órgano fiscalizador critica o incumprimento por parte do Goberno bipartito de velar polo cumprimento da normativa, tanto legal como técnica nos proxectos, feito especialmente grave a xuízo de EU-V no caso da instalacións de xogos infantís e solo sitntético nos colexios públicos, debido a que se puxo en risco a seguridade dos nosos rapaces.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta que o goberno municipal rexeitase a moción presentada por EU-V para crear a comisión de investigación non remunerada sobre a xestión dos fondos FEIL. Indican que non ten sentido investigar algo que xa fixo o Tribunal de Contas, mais esquecen deliberadamente que o ente fiscalizador so analizo 7 dos 85 proxectos, e dicir un 8% das actuacións. Non se trata de sinalar co dedo acusador sobre ninguén, nin facer escarnio político, trátase de investigar os feitos para evitar que se repita este tipo de eivas.

 

Esquerda Unida considera que a cidadanía ten dereito a saber o acontecido coa xestión do FEIL, a comisión de investigación non remunerada suporía un exercicio de transparencia, non tería custo algún e permitiría ao Concello cumprir cunha esixencia que os cidadáns están a demandar constantemente aos poderes públicos. O debate non é si se vulneraron o no os principios de concorrencia, publicidade e equidade como algúns pretenden facernos crer, trátase de analizar dende un prisma político porque o Tribunal de Contas detecta tantas anomalías, o dito doutra forma porque se cometeron tantas eivas. Por outra banda é de xustiza que a cidadanía coñeza o grado de eficiencia con que se xestionaron os 43,2 millóns de euros do dito plan porque supoñen unha sexta parte do orzamento anual municipal e ademais pretendían ser unha ferramenta da económica, razón pola cal facíase máis necesario, se cabe, un uso racional e eficiente deles.

 

César Santiso, indicou que “o PP di unha cousa e fai a contraria, unha vez máis logo dun pleno temos que denunciar a incoherencia e a hipocrisía deste goberno municipal, é lamentábel que os uns tapen aos outros, non é de estrañar a desafección da cidadanía coa política e cos políticos e que se manifesten ao grito de <non nos representan>, porque algúns semella que esquecen que o poder reside no pobo”.

Relacionados