Incongruencias no Goberno do PP

 

Rosa Gallego, explicou que 44 proxectos teñen a súa execución condicionada á concesión do préstamo bancario, segundo os orzamentos do 2011 aprobados polo Goberno bipartito anterior. Entre eses proxectos inclúese a reparación das vías do tranvía turístico por un montante de 320.000 euros.

 

Esquerda Unida considera incongruente a posición do Goberno coruñés en relación co tranvía turístico.

 

Neste sentido, o  voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “é incomprensíbel que se invistan cartos na reparación das vías do tranvía turístico cando a súa continuidade está pendente dun estudo, máis tendo en conta que é necesario solicitar un crédito que por riba ten o gasto engadido dos intereses”.

 

Esta situación pon en interdicto, unha vez máis, a pretendida austeridade do Goberno municipal anunciada aos catro ventos  polo PP durante a campaña electoral.

 

Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes solicita que se elimine a reparación das vías do tranvía turístico dos proxectos para os que se va a solicitar o préstamo.

Relacionados