Incremento taxas a bancos

 

Xa que logo, Esquerda unida propón incrementar as taxas aos bancos para obrigalos a axudar a reactivar a económica local e favorecer o acceso da veciñanza a unha vivenda digna, así con as novas achegas do sector bancario poderíase bonificar aos novos emprendedores, as empresas que invistan en eficiencia enerxética e o acceso a vivendas de protección oficial.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes na alegación relativa a Ordenanza Fiscal nº 32 aposta por incrementar as taxas para ocupación de terreo de uso público local con caixeiros. Na actualidade para calcular o valor que tería no mercado a utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, o Concello traballa con dous correctores de utilidade que multiplican o Valor Base Corrixido (VBC) do chan: o CU1 para actividades comerciais, industriais e profesionais que multiplica por dous e o CU2 para actividades que non perseguen rendemento económico que multiplica por un.

 

O artigo 24.1 da LRFL indica que “as ordenanzas fiscais poderán sinalar en cada caso, atendendo á natureza específica da utilización privativa o do aproveitamento especial de que se trate, os criterios e parámetros que permitan definir o valor de mercado da utilidade derivada”. Asemade o artigo 24.2 da dita Lei di “para a determinación da contía das taxas poderán terse en conta criterios xenéricos de capacidade económica dos suxeitos obrigados a satisfacelas”.

 

Xa que logo, propoñemos crear un novo corrector de utilidade (CU0) para as actividades financeiras que multiplique por 5 o VBC, para adecuar a taxa á realidade tributaria de outros municipios e promover que empresas con recoñecidos beneficios e capacidade económica posibiliten a redución da presión fiscal á actividade empresarial na procura da reactivación económica e o cambio do modelo produtivo. O que suporía modificar o artigo 6 da ordenanza para incrementar a tarifa base dos caixeiros automáticos de 185,73 a 464,33 euros.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a avaricia dos bancos foi a principal causante desta crise, os poderes públicos deben utilizar todas as ferramentas que teñen ao seu alcance para que os que os culpábeis paguen e axuden a cidadanía a saír da crise. O concello se quere, pode”.

 

Relacionados