Incremento temporada praias

 

Esquerda Unida lamenta a incapacidade do Goberno municipal para deseñar o servizo de socorrismo nas praias acorde coas necesidades da cidadanía, porque como se está a observar que dende fai varios anos a temporada de verán programada polo Concello, de 15 de xuño a 15 de setembro, amósase claramente insuficiente porque coincide cada vez menos co verán climatolóxico, debido os efectos do cambio climático que se está a producir no planeta onde o verán climatolóxico iniciase un mes antes e prolongase un mes máis.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o Goberno municipal debería ter avaliado as consecuencias negativas para a seguridade da veciñanza e para a imaxe da nosa cidade que as praias estean sen socorristas mentres seguen ateigadas de xente. Logo cando ocorren as desgrazas, todos nos levamos as mans a cabeza, pero o certo é que en moitas ocasións non se executan as medidas oportunas, como nesta, onde o Concello está a actuar de maneira irresponsábel e imprudente”.

 

Así por exemplo o ano pasado, ata mediados de outubro estabamos en plena ola de calor e as praias ateigadas, mentres o servizo de socorrismo estaba xa desmontado, motivo que provocou que  o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentara o 9 de outubro unha pregunta na que instaba ao Goberno municipal a axustar a tempada de praias a realidade climatolóxica actual, que textualmente dicía así:

“- Ten previsto o Goberno Municipal estudar as consecuencias que os efectos do cambio climático está a ter para a nosa cidade, e concretamente de cara a programar unha oferta turística máis acorde coa nova climatoloxía local, concretamente de cara a dotar as zonas de baño das praias urbanas dos medios de protección e socorro necesarios para o goce seguro das mesmas por parte da veciñanza e do turismo durante toda a temporada na que a temperatura permite o baño e non soamente durante parte da mesma?

– Ten avaliado o Goberno Municipal as consecuencias negativas que ten para a imaxe da nosa cidade como destino turístico a noticia da retirada do servizo de socorrismo mentres as praias seguen cheas de xente?”

Relacionados