Incumprimento de Novacaixagalica

 

O grupo municipal de EU-V denuncia que algunhas oficinas de  Novacaixagalicia so permiten o pagamento de recibos contributivos de Deputación e Concello en horario de 8:30 a 10:30 cando o convenio obriga a cobrar os recibos durante todo o horario de atención ao público. Inclusive polas tardes cando as entidades abran ao público en xeral.

 

Esta actitude prepotente da entidade financeira está a supoñer graves prexuízos a veciñanza que ten unha franxa horaria excesivamente restritiva para cumprir coas súas obrigas fiscais. Situación que ademais repercutirá negativamente nas arcas municipais ao producirse maior número de impagados, asemade de dificultar e encarecer as tarefas administrativas ao ter que pasar os ditos impagos a vía de apremo executiva, coa súa correspondente notificación, inclusión no BOP, etc.

 

Esquerda Unida solicita que Deputación e Concello abran expediente a Novacaixagalicia por incumprimento do convenio de entidade colaboradora. Quen por aforrarse custes de persoal nas oficinas non dubida en forzar á cidadanía a pagar nun horario restrinxido.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “é indignante o que está a pasar, chegou o momento de que os poderes públicos dean un escarmento ao poder financeiro. Xa está ben de que fagan o que queiran a costa dos dereitos da cidadanía”.

 

“Si de nós dependera faríamos que se cumprise estrictamente o convenio coas entidades financeiras” sentencio César Santiso.

 

Relacionados