Incumprimento normativa s.sociais

Así o manifestaron recentemente diversas asociacións de veciños da cidade, que ven recortados os seus dereitos ao eliminarse programas e proxectos que pretendían previr os problemas existentes nos barrios. De este xeito, foméntanse servizos sociais burocratizados e afastados das necesidades das veciñas e veciños, e desprézanse as vantaxes do coñecemento sobre os problemas nos barrios que concede a proximidade dos traballadores sociais.

Esquerda Unida denuncia que a decisión de centralizar os servizos sociais incumpre a normativa vixente. A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, en diversos artigos, por exemplo no Artigo 4 establece os principios de descentralización e proximidade, así como o de acción integral e personalizada. Resulta evidente que esta centralización está a incumprir cos principios de proximidade e inmediatez citados nesta lei, tamén semella difícil que coa centralización pódase afrontar dun xeito individualizado cada un dos casos que chegan aos servizos sociais do concello.

Por outra banda, este cambio organizativo pode provocar vulneración de dereitos das persoas en relación cos servizos sociais, recollidos no Artigo 6 da devandita lei. Xa que establece a necesidade de que cada habitante teña un traballador social de referencia, o que implica que o traballador social estudará o caso dende o inicio ata o fin co mesmo. Coa centralización, o expediente pode pasar a máis de distintos traballadores socias.

Asemade, cabe subliñar que con esta medida estase a provocar unha excesiva carga de traballo nas auxiliares administrativas que colaboran coas traballadoras sociais. Se antes o ratio era dunha auxiliar por traballadora social, agora é dunha auxiliar para 7 ou 8 traballadoras sociais. Estas auxiliares están a desenvolver funcións “de filtro” que non lles corresponden e o levan a cabo en espazos abertos vulnerando a normativa vixente en materia de proteción de datos de carácter persoal, o que pon ene evidencia o dereito á intimidade e á privacidade, así como á sensibilidade das persoas usuarias, dado que a falta de espazo e a masificación.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrou unha pregunta escrita a fin de coñecer cales son os motivos reais polos que o goberno municipal decidiu centralizar os servizos sociais e que medidas vai levar a cabo para cubrir o custe dos desprazamentos dos veciños, concretamente:

¿Por que, o goberno municipal, en lugar de facilitarlle o acceso aos servizos sociais á cidadanía decide centralizar as oficinas nos centros do Ágora, Monte Alto e Catro Camiños facéndoo, deste xeito, máis inaccesible aos usuarios sen ter en conta que cada dia o número de usuarios aumenta debido a situación actual na que vivimos?

– ¿ Considera o goberno municipal que vai reducir as listas de espera con esta medida sen incrementar o número de asistentes sociais? ¿Como explica isto? ¿Cal é o aforro?- ¿Ten pensado o goberno municipal contratar máis asistentes sociais para cubrir o incremento da demanda por parte da cidadanía deste servizo público?¿Ten pensado o goberno municipal cubrir o custe dos desprazamentos que van ter que efectuar as veciñas e veciños?

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o goberno municipal esgrime o falaz argumento da eficiencia, pero non ten en conta as implicacións sociais que teñen as súas decisións económicas, sobre todo para os que máis sofren esta crise”. Non podemos entender que se desenvolvan este tipo de medidas sen contar cun amplo apoio da poboación, semella que o PP fai e desfai ao seu antoxo sen ter en conta máis opinión que a súa propia. Porque a decisión de centralizar os servizos sociais non conta co respaldo da cidadanía.

 

Neste sentido, o concelleiro de servizos sociais, Miguel Lorenzo, asegura que centralizando os servizos sociais conséguese reducir as listas de espera. Nada máis lonxe da realidade, porque non só non se están a reducir, se non que se incrementaron. Agora as veciñas e veciños da cidade teñen que esperar de un a dous meses para ter a primeira cita coa traballadora social.

Relacionados