O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “como informático que son, estou abraiado: en pleno século XXI aínda accedemos á información a través de fotocopiadora, de maneira obsoleta, custosa e ineficaz. Os expedientes que manexamos os grupos municipais constan de centos de follas, resulta tremendamente inoperante ter que fotocopialos, tarefa que supón horas de traballo do persoal de cada grupo municipal e un enorme custo de papel e tonner da fotocopiadora.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera fundamental o desenvolvemento dun protocolo de acceso a información corporativa realizado de maneira participada entre os distintos grupos municipais. Xa que o funcionamento provoca falta de transparencia, ineficencia da administración, sobrecustos económicos, asemade de contaminación e consumo enerxético innecesario.
Esquerda Unida propón que o Concello facilite aos concelleiros a información corporativa a través da intranet municipal, e que o faga en tempo en forma. Así o solicitou César Santiso na Comisión de contas e asuntos económicos desenvolvida onte para aprobar o Expediente M1/2011 de concesión de créditos extraordinarios, suplementos de crédito, transferencias de créditos, baixas por anulacións de créditos e modificación dos anexos de investimentos e de transferencias, así como, aprobación de recoñecementos extraxudiciais de obrigacións. Xunto coa aprobación da modificación do orzamento do IMCE de 2011.
EU-V abstívose nestes dous puntos do día e votou en contra dunha nova modificación do IMCE, debido a que sen motivo incluiuse de urxencia e sen comunicar nin entregar a información aos distintos membros da Comisión, até o comezo da reunión.