Sobre as preferentes e subordinadas esquece as competencias que tiña a Xunta sobre o control e inspección das caixas así como sobre a vixiancia da administración do aforro privado.
En relación coa última carta-resposta de Marta Currás, sobre a investigación da fusión das Caixas Alternativa Galega de Esquerda denuncia que Marta Currás mentíu cando en xaneiro de 2010 calificou de auditoría o que agora é tamén para ela un simple informe (o emitido por KPMG), recoñecendo agora o que denunciou publicamente AGE. Pero ademáis volve a mentir agora cando fai referencia a uns informes internos da Xunta sobre o proceso de fusión que, dada a súa inexistencia física na documentación posta a disposición do Parlamento, ou non existen ou pasaron á trituradora ou, simplemente, se ocultan polo goberno de Núñez Feijóo. En efecto, a Xunta, por boca da propia Marta Currás, daquela conselleira de facenda informou publicamente de que “auditoría externa” de KPMG avalaba a fusión das Caixas ( http://www.xunta.es/hemeroteca/c/Autoplay?content=1480).
Foi AGE quen deu a coñecer publicamente tal documento de KPMG, poñendo de manifesto que o que para a Xunta era unha auditoría non era outra cousa que un informe, unha “due diligence” (diagnose acelerada) sobre cuestións concretas, parciais e limitadas ao previamente pre-fixado pola Xunta. A propia KPMG así o recoñecia expresamente (*), así o fixo público AGE e así o recoñece agora a responsable de ter encargado tal informe e cuxo expedente de contratación, se o houbo, segue oculto.
Marta Currás minte agora cando fai referencia a uns informes internos da súa consellería, relativos ao proceso de fusión das caixas, que non constan por ningures. Se tales informes foron emitidos, ou ben están ocultos nun caixón do despacho de Feijóo ou pasaron por esa trituradora tan empregada polo goberno do PP noutros asuntos, dado que non constan na documentación posta a disposición do Parlamento galego.
Marta Currás sinala que tales informes da súa Consellería “se integraron en el informe final de noviembre de 2009” . ¿ A qué informe final de novembro de 2009 se refire Marta Currás ?. Ou Marta Currás perdeu a memoria ou pretende tomarlle o pelo á cidadanía. A fusión foi autorizada por acordo do Consello da Xunta de 18 de novembro de 2010, un ano dispois da data que menciona Marta Currás.
De feito AGE ten solicitado reiteradamente que se incorpore ao expedente da Comisión de Investigación a documentación relativa ao acordo da Xunta de 18 de novembro de 2010 polo que se autorizou a fusión das caixas, sen que tal documentación, cos informes necesariamente obrantes no mesmo e aos que semella referirse Marta Currás, se teñan incorporado, o cal resulta especialmente significativo.
Marta Currás elude a responsabilidade da Xunta na emisión de preferentes e subordinadas. Sendo certo que tales emisións non requerían autorización administrativa previa da Xunta, Marta Currás silencia interesadamente que a Xunta tiña as competencias en materia de control e inspección económico-financieira das Caixas, así como de vixiancia da administración e investimento do aforro privado (*), da súa situación patrimonial e, como consecuencia, dos instrumentos de financiamento tales como preferentes e subordinadas. Afirmar, tal e como fai Marta Currás, que as funcións da Xunta se limitaban ao control dos acordos societarios é unha constatación evidente de que o goberno da Xunta mirou para outro lado mentres as Caixas perpetraban a estafa das preferentes e subordinadas.
(*)
(**)DECRETO lexislativo 1/2005, do 10 de marzo, polo que se aproba o texto refundido das leis 7/1985, do 17 de xullo, e 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforros de Galicia.
Artigo 5º.-Acción de Goberno.
A acción do Goberno da comunidade autónoma, no marco das bases e da ordenación da actividade económica xeral e da política monetaria do Estado, levarase a cabo baixo os seguintes principios:
a) Velar pola independencia das caixas de aforros e defender a súa natureza fundacional, prestixio e estabilidade.
b) Vixiar o cumprimento por parte das caixas da súa función económico-social, de acordo cunha adecuada política de administración e de investimento de aforro privado.
c) Procurar a estabilidade económica e financeira das caixas así como a total transparencia dos mercados onde operan, creando os mecanismos oportunos para que os clientes das caixas dispoñan de toda a información necesaria.
d) Establecer mecanismos de cobertura e protección dos clientes.
e) Estimular todas as accións lexítimas das institucións de aforro encamiñadas a mellorar o nivel socioeconómico de Galicia.
Artigo 81º.-Coordinación e inspección.
No marco das bases aprobadas polo Estado sobre ordenación do crédito e a banca, e de acordo coas directrices da Xunta de Galicia, a Consellería de Economía e Facenda exercerá as funcións de inspección das caixas de aforros domiciliadas en Galicia, sen prexuízo das funcións que lle correspondan ao Banco de España.
Artigo 83º.-Inspección financeira.
1. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Facenda, controlará o cumprimento por parte das caixas do conxunto das normas legais que lles son aplicables, tanto as de carácter básico coma as complementarias e de desenvolvemento que se establecen neste texto refundido.
2. Para tal efecto a Xunta de Galicia poderá subscribir os convenios oportunos co Banco de España co obxecto de coordinar as súas actuacións e minimizar os custos indirectos do control sobre as entidades afectadas.