Informe plan de axuste

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta que a desidia do goberno municipal para por en marcha o convenio coa deputación impida ingresar 800.000 €, segundo consta no informe, debido a razóns técnico-xurídicas, está atrasada a posta en marcha da medida número 2, consistente en conseguir uns ingresos de uns 800.000 euros froito dun convenio asinado coa Deputación da Coruña en materia recadatoria para o cobro das sancións de tráfico domiciliadas fora do termo municipal, o que obriga a reducir a previsións de ingresos relacionadas con esta medida.

Esquerda Unida insta ao Concello a profundar en novos convenios de colaboración coa deputación para incrementar a eficacia recadatoria. Entendemos que mediante esta vía poderíanse xerar importantes ingresos adicionais e tamén aforros de custo, que deberían destinarse a reactivar a xerar emprego .

César Santiso, indicou que “unha vez máis o tempo danos a razón, fai mais dun ano propuxemos que o concello asinase un convenio de colaboración coa Deputación para mellorar a recadación mais o PP rexeitouno, agora apostamos por incrementar o convenio asinado, espero que nesta ocasión o goberno municipal nos faga, pois o ano perdido supuxo deixar de recadar millóns de euros que se poderían ter investidos en xerar emprego e servizos sociais”.

Por outra banda, Santiso, subliñou que “o goberno municipal que presume de xestión eficiente mais case duplica o período medio de pago a provedores fixado no plan de axuste aprobado por eles mesmos”, polo que expresou a súa enorme preocupación en referencia ao dato que aparece no informe referente o prazo de pago a provedores, pois o obxectivo fixado no propio plan de axuste é de 40 días, pero a Intervención Xeral pon de manifesto que o período medio é de 72 días, e este dato nos parece intolerable, sobre todo tendo en conta o contexto de crise social e económica.

O Concello ten recursos humanos, materiais e tecnolóxicos de sobra para pagar as facturas en tempo e forma, e non se pode consentir que se produza a disfunción sinalada. Duplicar o periodo de pago respecto o obxectivo non produce máis que custos. Custo en intereses de mora que o Concello ten que pagar aos provedores e custo de financiamento de estes provedores que ven como os seus planos de tesourería vense frustrados pola incompetencia da administración.

Dende un punto de vista global Esquerda Unida, sigue a insistir na necesidade de levar a cabo un Plan de Reorganización da Administración Coruñesa (PRAC) para desenvolver unha reforma administrativa que produza uns aforros moi superiores ao 1% do orzamento que é o que pretende aforrar o goberno municipal co Plan de Axuste. Entendemos que no Concello poderíase mellorar moito a xestión mediante a adopción de ferramentas tecnolóxicas modernas, a aplicación de técnicas de racionalización administrativa e a redistribución de efectivos que permitan mellorar e incrementar os servizos a cidadanía, tanto cuantitativa como cualitativamente para poder recuperar concesións que lle saen moi custosas ao Concello.

 

Relacionados