lugo.gif - 5.75 Kb

Informe PXOM confirma denuncias EU

 

O Informe emitido pola Xunta sobre o PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) concede a súa aprobación parcial, denegando o visto bó da parte máis polémica do Plan: os urbanizables de Fixós, Bosende e Bocamaos, denunciados públicamente en xuño de 2009 por EU por consideralos ilegais.

A aprobación parcial do PXOM pola Xunta, lonxe de supor un éxito para o PSOE e o PP, confirma o fracaso e a incapacidade dos dous partidos para xustificar varios urbanizables . O informe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas denega a probación dos urbanizables de Fixós, Bosende e Bocamaos, pese aos cambios introducidos e aprobados por PSOE e PP no Pleno o pasado día 30 de decembro. Tal como sinalaba EU no caso de Fixós, non existe ningunha xustificación para a recalificacións de terreos rústicos en urbanizables. A Xunta denega por segunda vez a súa aprobación e non atopa xustificacións no desenvolvemento urbanístico dos sectores aludidos.

O informe da Xunta ven a ratificar outro informe sobre o PXOM emitido polo anterior Secretario do Concello de Lugo en decembro de 2011, onde se dicía textualmente “se presentan como insuficientes as xustificacións que en tal sentido se dan en moitos dos casos apuntados pola Administración autonómica”. Portomeñe asegurou, referíndose ao caso concreto das recalificacións no entrono do clube de golf, que “non existe nin o máis mínimo resquicio legal para que poida aprobar os sectores urbanizables de Fixós”. Confírmase que estamos ante “o maior pelotazo urbanístico da historia da cidade”, no que teñen responsabilidades PSOE, PP e BNG”.

Neste sentido, e con respecto ao BNG, Portomeñe asegurou que o candidato Antón Bao “pretende converterse en monaguillo de Orozco a base de cinismo e de plaxiar o traballo de EU”. Considerou o candidato de EU que o BNG fai un exercicio de cinismo intolerable cando agora pretende atribuirse a denuncia das recalificacións no PXOM, tamén na contorna do clube de golf, cando PSOE, PP e directiva do clube de golf recoñecen que o BNG foi informado e sempre estivo a favor das recalificacións en Fixós. “O BNG tivo dúas votacións en contra e dous anos de amnesia”, manifestou Portomeñe referíndose ao periodo entre xaneiro de 2009 e decembro de 2010 no que EU foi protagonista na loita contra os aspectos máis polémicos do PXOM.

De feito, os tres partidos terán que asumir posibles responsabilidades penais e demostrar a súa inocencia. Polo de pronto “están sentenciados política e esocialmente”, sinalou o candiato de EU.

EU estudia presentarse como acusación popular no proceso xudicial que abriu un xulgado lucense. EU xa denunciou o “pelotazo” de Fixós en xuño de 2009 e sempre sostivo que e que a existencia de recalificacións de terreo rústico a urbanizable en varios sectores amosaban que o PXOM estaba “confeccionado á carta entre construtores e políticos”. Por elo acudiu á Fiscalía e presentou alegacións na Xunta de Galicia, entre outras accións.

Relacionados