Infraestruturas sanitarias

Esquerda Unida considera prioritario garantir a mobilidade e transporte público aos centros hospitalarios e sanitarios.

Unha representación do grupo municipal de Esquerda Unida e do Consello Político Local desplazouse onte pola mañá ás dependecias da xunta de persoal da área sanitaria de Ferrol para manter unha reunión de traballo coa representación unitaria do persoal da área sanitaria de Ferrolterra. A reunión, realizada a petición da nosa organización e grupo municipal, tratou das distintas problemáticas que afectan ao servizo sanitario e á súa calidade e que poden solucionarse desde instancias municipais ben directamente, ben por xestión e intermediación ante outras administracións.

De común acordo caracterizouse o problema do transporte público como  de máxima prioridade á hora de solucionar ,en especial:

redeseñar o servizo de paradas nas liñas de autobuses ao complexo hospitalario Arquitecto Marcide e Caranza de xeito que todos os barrios da cidade estean ben comunicados cos centros.

solucionar inmediatamente e sen máis dilacións o servizo de transporte público ao Hospital Naval e Novoa Santos.

Tratáronse tamén outros temas relacionados coa mobilidade e accesos e que,tamén de acordo entre as partes, se consideran prioritarios para a calidade do servizo público. Son demandas planteadas:

solucionar o estado dos viais, en especial, a rúa Irmandade de doantes de sangue, a de peor estado da cidade a pesar de ser unha vía de uso de ambulancias.

establecer un servizo de regulación da policía local a partir das oito da mañá e durante o pico dos accesos ao complexo para evitar os colapsos que impiden o normal desenvolvemento do tránsito de traballadores e usuarios e que mesmo afectan ao acceso ao servizo de urxencias.

facer un replanteamento integral do servizo de aparcadoiros en superficie de maneira participada entre goberno e técnicos municipais, xunta de persoal e dirección do complexo hospitalario con especial atención ás prazas de minusválidos (practicamente inexistentes en superficie xa que se concentran todas no aparcadoiro subterráneo de pago).

atender as reclamacións dos traballadores do 061 (ambulancias) e que se centran en:

a) á marxe das xa citadas reparacións dos rueiros que van desde a zona da Pega á estrada de Catabois.

b) acondicionamento das rúas peonís da Magdalena, de xeito que se permita o aceso dos veículos de emerxencia modificando puntualmente o mobiliario urbano e respetando escrupulosamente a normativa de terrazas.

c) sustitución ou modificación dos bolardos das rúas por modelos que permitan manobras de veículos e urxencias.

d) comunicación de obras previa á execución e previsión de roterios alternativos.

e) consulta aos servizos de emerxencia previa á modificaicón dos sentido da circulación das mesmas.

atender as reclamacións da xunta de Persoal de área e Comité de Prevención en canto á funcionalide e perigosidade das escaleiras mecánicas internas do complexo e posibles solucións alternativas xa que son numerosos os accidentes que se producen nelas e que afectan, como non pode ser doutro xeito tratándose de hospitais, a persoas con deficiente ou reducida mobilidade.

Sobre este último aspecto o grupo municipal comprometeuse atrasladar o problema ao ámbito da adminstración local pero tamén a elevalo a instancia parlamentares.

Onte , a continuación da reunión, o voceiro do grupo Javier Galán planteou o conxunto de problemáticas na comisión informativa de Urbanismo e Obras competente tamén para asuntos de seguridade e tráfico, transporte público e servizos instando ao goberno a actuar coa máxima dilixencia en todos os temas.

Por último, Esquerda Unida quere reiterar que o servizo público da sanidade é un ben coḿún a protexer e defender desde calquera instancia e desde calquera responsabilidade de goberno. A calidade do servizo non se mide só polos contidos sanitarios, fundamentalmente si, pero tamén por aqueles servizos, infraestruturas e dotacións que facendo contexto con eles permiten que os servizos sanitarios se desenvolvan coa máxima calidade asistencial posible.

Relacionados