Inicativa a prol dos asteleiros públicos

 

Así, preténdese acadar deste xeito  un marco legal e económico que favoreza unha actividade da alto valor engadido, que crea emprego e supón un elemento central no desenvolvemento industrial do noso país, sendo un chanzo básico da economía e sociedade de Ferrolterra.

 

O Grupo Parlamentar está a traballar  na presentación dunha iniciativa conxunta que permita ao conxunto dos estaleiros públicos galegos e andaluces beneficiarse dunha declaración de sector estratéxico que achegue axudas económicas  e un apartado específico nos orzamentos do Estado que actúe de fulcro dun sector potente que arrastra emprego e creación de riqueza social na nosa terra. Esta declaración xa a posúen diversos sectores económicos, caso do da automoción, e repercútelle positivamente no seu balanzo de actividades.

 

O sector naval supón case o 6% do produto interior bruto e a súa importancia en materia de emprego fai que se acheguen aos 10.000 postos de traballo directos, que somentes en Ferrolterra inducen un emprego indirecto que suma un total de 18.000 postos de traballo.

 

Esquerda Unida a través do seu Grupo Parlamentar vai desenvolver nas vindeiras datas esa proposta de declaración de sector económico estratéxico na certidume do seu valor para preservar e desenvolver o sector da construción naval no noso país.

Relacionados