Iniciativa modelo produtivo

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta que o goberno municipal recoñocese no pasado pleno a súa incapacidade para promover o cambio do modelo produtivo, reactivar a economía e xerar emprego. No pasado Pleno extraordinario da Coruña para aprobar inicialmente os orzamentos observamos abraiados como o voceiro do goberno local afirmaba dogmáticamente que dende unha cidade non se podía cambiar o seu modelo produtivo. O PP facía estas afirmacións nun vano intento de dar reposta ás críticas de EU-V a uns orzamentos ineficaces que traerían máis paro e pobreza a cidade, xa que profundaban no caduco e superado modelo do ladrillo e o formigón, que so beneficia aos seus amigos especualdores.

Esquerda Unida anuncia que presentará preto dun cento de iniciativas que promovan o cambio do modelo produtivo local durante o que queda de lexislatura para demostrar que o cambio non só é posible, senón que é necesario para o benestar da veciñanza. As propostas, que naceran das que EU incluiu no seu programa electoral e do resultados do desernvolvemento de Foros Participativos que organizaremos xunta ao movemento asociativo coruñes, xiranran na aposta pola sociedade do coñecemento, a tecnoloxía, a investigación e a eficiencia enerxética para que o tecido produtivo local gañe en competitividade e xere emprego. En definitiva trátase de promover ás empresas dedicadas á economía verde e ás dedicadas a explotar os recursos naturais da comarca, para crear un cluster tecnolóxico que axude ao tecido produtivo local a redirixir a súa actividade e producir con menos consumo de petróleo.

Semella fundamental promover o cambio do modelo produtivo cara un máis sustentábel e menos dependente do petróleo, porque a propia Axencia Internacional da Enerxía (AIE), ven de recoñecer por primieria vez na súa historia que o escenario central de producción de petróleo crudo está a disminuir, como así aparece no Informe WEO 2012. Aparece en letra pequena porque os datos son moi malos e pretendnse maquillar para non causar alarma social, mais a AIE non pode mentir porque é un organismo creado por paises con tradición democrática máis seria que España.

Diante desta situación César Santiso presentou “os luns didacticos” indicando que “logo da ingnorancia amosada polo goberno municipal, cada luns presentaremos unha proposta que permita dende o eido do local profundar no cambio do modelo produtivo, esperemos que o PP tome nota e actue porque cada día de innación as nosas empresas perden capacidade competitiva, imos contrareloxo”.

 

Relacionados