Iniciativa drogodependencias

O grupo municipal Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que mentres se incrementa a demanda de axuda a Xunta reduce os fondos dedicados a combater a drogodependencia. O goberno da Xunta de Galicia manifestaba este ano que se manterían as axudas á prevención, tratamento e asistencia de drogodependencias, prometendo incluso unha partida extraordinaria de 10,5 millóns que non so nunca cumpriu senón que os datos de tesourería reflicten que as axudas á prevención, tratamento e asistencia foron bruscamente reducidas, deixando para esta anualidade a cifra de 213.586 euros e a reserva para 2014 de 242.000 euros. Sómente en 2012 a Xunta entregaba ás entidades 604.999,98 euros. A consecuencia da actual privación de fondos, os colectivos sociais afectados quedan desprotexidos polo desmantelamento forzoso de boa parte dos programas adicados á prevención destas problemáticas. Esta situación leva as deputadas de EU, Yolanda Díaz e Eva Solla, a desenvolver unha Proposición Non de Lei a través do grupo parlamentar de AGE para rectificar a Orde do 22 de xullo de 2013 da consellaría de sanidade de xeito que alomenos se manteña a cantidade satisfeita no orzamento do 2012. Porque os enormes recortes en materia de saúde pública acometidos pola Xunta comezan a provocar efectos devastadores sobre toda Galicia e especialmente na cidade de A Coruña, principalmente nos colectivos sociais máis febles, consecuencia do baleiro que deixa o SERGAS no ámbito sociosanitario.

Esquerda Unida insta ao goberno municipal a desenvolver un plan contra a drogodependencia coordinado coas ONG do ámbito, para frear o aumento desta lacra social e ofrecer unha axuda real as persoas que queiran desintoxicarse na cidade. EU urxe ao Concello a asignar fondos especiais de actuación, así como a exercer unha coordinación efectiva dende os servizos sociais para tratar de paliar os recortes da Xunta en materia de tratamento, prevención e asistencia porque a demanda de tratamento para deixar as drogas medrou na Coruña nun 25% en tres anos.

 

O voceiro de EU-V, Cesar Santiso, afirma que : “o Concello debe priorizar as necesidades da cidadanía e afrontar a realidade da rúa. O preocupante incremento da dorgadición así como a demanda de axudas por parte da veciñanza obriga a actuar de urxencia contra este drama humano, toda vez que a propia Comisión Europea prevé un grave empeoramento do problema das drogas no continente se hai un relaxamento nas políticas públicas. Na nosa comunidade o estamos a vivir de xeito cotiá”.

Relacionados