Iniciativa parlamentar fumigacións

 

Esquerda Unida presentou unha iniciativa no congreso dos deputados para impedir as fumigacións tóxicas da Xunta que a través da Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (Aspapel) ten previsto utilizar flufenoxurón para fumigar miles de hectáreas de plantacións de eucalipto e acabar cunha praga de gurgullo, mais tratase dun xenérico de amplo espectro tóxico para moitas especies de insectos, algunhas delas beneficiosas para as actividades humanas, incluíndo polinizadoras de cultivos como as abellas.

 

O grupo parlamentario de Esquerda Unida – Os Verdes, a Esquerda Plural, desenvolveu unha proposición non de Lei para prohibir a utilización do flufenoxurón producto que a unión europea acordou a súa retirada. Este produto pode provocar tamén a morte de depredadores naturais e outros de control da praga que pretende combaterse, correndo o risco de facilitar o rexurdimento da mesma, e que a súa alta bioacumulación supón un alto risco para organismos acuáticos, polo que é considerado «altamente perigoso». De feito, en setembro de 2011 a Unión Europea acordou a retirada dos produtos fitosanitarios que contivesen esa sustancia, aínda que despois atrasouse a súa retirada do mercado a agosto de 2012.

 

En definitiva, advirte, miles de hectáreas van ser fumigadas cun produto que deberá ser retirado en menos de tres meses, con danos ambientais de dificilísima reparación, en especial sobre a poboación de antrópodos, incluíndo insectos como abellas, fundamentais no mantemento do ecosistema local, e a todo iso preténdense fumigar con medios aéreos, o cal está prohibido pola Unión Europea nunha directiva que tería que haberse trasposto o pasado mes de decembro e que pretende conseguir un uso sostíbel dos praguicidas.

Por todo iso, piden ao Goberno que adiante a prohibición do flufenoxurón, que non autorice os voos para fumigar con ese produto, que traspoña a directiva antes de tres meses, e que traslade á Xunta de Galicia a preocupación polas intencións de Aspapel.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “non podemos permitir que por intereses cortoplazistas se hipoteque a nosa riqueza natural, o noso medio ambiente e a nosa saúde”.

 

Relacionados