Iniciativa parlamentaria

AGE leva ao Parlamento galego o pretenddido peche do laboratorio de saúde pública da provincia da coruña a instancia do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes. A covoceirda de AGE e coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, rexistrou unha pregunta oral para o seu debate que di: “Garante o goberno galego o mantemento a pleno funcionamento do laboratorio de saúde pública de A Coruña”.

Así, nun período de entre seis meses e un ano trasladará o dito laboratorio a Lugo. No centro da Coruña actualmente están a traballar 19 persoas e ten recoñecida a acreditación ENAC do Ministerio de Industria desde 1999, das diferentes técnicas analíticas/controis que realizan, sendo un laboratorio de referencia na UE. O que supón que o laboratorio esta acreditado e recoñecido internacionalmente.

Con esta equivocada decisión a Xunta enmendase a sí mesa, pois dende fai uns anos estaba a desenvolverse unha rede integrada de laboratorios de saúde publica, racionalizando o custo dos programas de prevención e protección da saúde, en toda Galiza, sendo Lugo o laboratorio de referencia, pero mantendo en funcionamento os laboratorios da A Coruña, Ourense e Pontevedra.

Esquerda Unida considera que a Xunta de Galicia está a poñer en risco a sáude dos coruñeses co peche do laboratorio e cos recortes previos no servizo que limitan a toma de mostras de análises reducindo a capacidade de control dos laboratorios públicos en aspectos fundamentais como o control de alimentos elaborados e as augas de consumo público, así como augas de zona de baño, piscinas de uso colectivo, control sanitario de establecementos, industrias cárnicas, lácticas, salubridade dos moluscos, control sanitario das industrias lácteas (leites e derivados), pastelerías, restauración colectiva, industria alimentaria…

A Xunta de Galicia, desde fai un tempo está a reducir o orzamento o que está a provocar un descenso do traballo desenvolvido polo laboratorio nos últimos anos como se pode observar nas propia información do Sergas, incluso dende o 2010 está a impedir a acreditación de máis técnicas de laboratorio.

O voceiro de EU-V, César Santiso, esixiu ao goberno municipal que “por unha vez defenda os intereses dos coruñeses e coruñesas e loite contra este peche, en lugar de acatar as ordes do seu partido mirando cara outro lado como aconteceu con temas como o COF do Ventorrillo, o IES Paseo das Pontes, a residencia universitaria, a Fábrica de Tabacos ou agora coa Fábrica de Armas.”

 

Relacionados