En canto as mocións, unha é de condena ao terrorismo de estado franquista na que se verá a coherencia e nivel de permisividade do PP contra todo tipo de crimes, outra para que os diversos grupos municipais se comprometan a adquirir o compromiso de execución do plan de mobilidade con independencia de quen goberno e outra para que o Pleno se posicione a favor da veciñanza e os traballadores e traballadoras de Nostián diante do abuso da concesionaria Albada, acordando non pagar o canón de tratamento de refugallos mentres dure a folga por incumprimento dos compromisos da concesionaria en canto a niveis de refugallos e con ese aforro reducir a parte proporcional ao tratamento do lixo no recibo á veciñanza.
Por outra banda, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes interesase pola calidade das augas das praias coruñesas e polos niveis de acesibilidade establecidos no novo plan de mobilidade, con sendas preguntas orais que din:
Agora que está a rematar a temporada de praias, que consideración ten o goberno municipal sobre a salubridade das augas mariñas da cidade?
Considera o goberno municipal que o novo plan de mobilidade cumprirá cos criterios de accesibilidade?
Asemade Esquerda Unida levará a debate no pleno a utilización abusiva dos contratos a dedo por parte do goberno municipal Mediante unha pregunta oral cuxo tenor literal é o seguinte:
Como valora, o goberno local, os contratos públicos adxudicados polo Concello mediante procedemento negociado, habitualmente denominados “contratos a dedo”?
Non cabe dúbida que durante décadas o PSOE utilizou masivamente os procesos de contratación negociados, moitos incluso sen publicidade, un método de contratación caciquil e pouco ético. Precisamente o PP cando estaba na oposición criticaba con acritude esta mala praxe de gobernanza, mais paradigmáticamente unha vez chega ao goberno municipal a utiliza masivamente para favorecer a empresas “amigas”.
Neste setindo, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “estamos diante dunha nova mostra de hipocrisía e cinismo político do PP, na oposición criticaban o `dedazo´ e agora o xeneraliza”.