Inicio campaña ¿Cómo ves a sanidade pública?

 

A campaña, persigue os seguintes obxectivos:

1.- Dar a coñecer cales son os servizos actuais, e o que supuxo a execución do Plan Mellora de Atención Primaria 2007-2009 asinado entre a consellería de Sanidade e os sindicatos.

2.- Dar a coñecer en que momento se atopa a formalización da cesión patrimonial do Centro de Saúde ó Sergas, a día de hoxe non executada.

3.- Dar a coñecer as propostas de futuro que plantexa o G.M. de EU-IU no tocantes ós servicios  que se dispensan no Centro de Saúde e a necesaria xeneración de espacios no mesmo, ó PAC de Fene (referencia para o noso concello) e as políticas a impulsar dende as competencias municipais.

4.- Dar a coñecer como e onde poden reclamar os/as veciños/as para mellorar a calidade sos servizos públicos.

5.- Recoller os comentarios,propostas, reclamacións ou suxerencias que a cidadanía nos traslade para mellorar a sanidade pública en Mugardos, e polo tanto todos sexamos particpes.

 

Durante este mes o G.M. de EU-IU distribuirá un boletín informativo na rúa e habilitará medios (buzóns, correo electrónico,blog) para recoller tódalas aportacións que se nos poidan facer e darlle unha saída en positivo.

Dende aquí queremos facer un chamamento para a participación da cidadanía na campaña ¿Cómo ves a sanidade pública? Porque esto redundará nunha mellora da calidade dos servizos que recibimos e unha maior implicación nas competencias municipais e na xestión ante outros administración.

Relacionados