Inmoble Castrillón en ruínas

Esquerda Unida denuncia que a inacción do goberno municipal que permite aos propietarios manter inmobles en estado de ruína, co conseguinte perigo que supoñen ante a posibilidade de desprendementos, e insta ao concello a tomar as medidas necesarias para garantir a seguridade e evitar a mala imaxe dos barrios onde se da esta situación.

En apoio as queixas da veciñanza, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistra unha batería de preguntas escritas sobre un inmoble en estado de ruína evidente situado na rúa A Cerca do barrio do Castrillón. O goberno popular terá que respostar porqué o Concello non tomou medidas que lograran que os propietarios executen as obras necesarias ou acometeu de maneira subsidiaria os traballos para garantir a seguridade dos veciños, este edificio é un exemplo dos traballos de rehabilitación que o concello podería realizar mediante obradoiros de emprego.

As preguntas presentadas foron as seguintes:

1.- Como cualifica o goberno municipal o estado do edificio situado na rúa A Cerca número 9?

2.- Solicitou o Concello aos propietarios do inmoble que leven a cabo os traballos necesarios para consolidar a estrutura? En caso afirmativo, cando se solicitou e que resposta obtiveron?

3.- Ten previsto o goberno municipal atender as queixas dos veciños e actuar directamente para a consolidar a estrutura do edificio ante o deficiente estado da fachada e o prolongado e evidente risco de desprendementos existente?

O deterioro deste edificio agravouse nos últimos tempos coa entrada de auga de choiva como consecuencia da rotura de portas e xanelas. Os veciños do barrio temen que o seu estado afecte aos edificios colindantes e que se produzan desprendementos sobre a vía pública.

O voceiro de EU-V, César Santiso, sinalou que “Negreira non fai nada ante a ruína que afecta aos veciños de moitos barrios, favorece descaradamente a simpatizantes e amigos mentres trata de distraer aos demais con pésimos espectáculos. A Coruña precisa un goberno para todos que fixe as súas prioridades na seguridade, a saúde, a educación e o traballo”.

Relacionados