Non outra cousa que un túnel bombardeado semella esa conexión viaria que amosa un moi acusado deterioro e que ameaza a seguridade vial do tránsito rodado na zona.
Esquerda Unida lembra que xa formulou unha denuncia sobre o estado deste vial e sobre os riscos asociados ao seu deterioro hai case un mes, o día 10 de abril, e contempla abraiada a absoluta inacción do Goberno Municipal. Preto dunha decea de baches colman o vial e configúranse como trampas moi perigosas para os seus usuarios.
EU exíselle ao concelleiro de obras que realice de inmediato un arranxo de urxencia en orde a garantir que non haxa accidente algún; cada día que pasa son máis posibles os accidentes asociados aos múltiples furados e baches do vial.
A nosa organización non chega a entender como se xoga coa vida e seguridade das persoas que empregan este vial e se deixa pasar o tempo sen acometer unhas obras que son de flagrante necesidade. “Un concelleiro pode ser de dereitas pero o que non é de recibo é que non faga o seu traballo”, sinala Yolanda Díaz.