arousa.gif - 5.81 Kb

Interese publico fronte aos construtores

 

Así ocurre coa  denuncia de EU sobre o incumplimento das cesións urbanísticas pactadas co Concello e a promotora inmobiliaria na urbanización de “villa Güimil”, e ante o peligroso estado das obras desa urbanización.

 

O Goberno de impostores “socialistas”  e de nacionalistas que parece que no pasado si foran de esquerdas, nos contestan que a empresa privada cumplirá  “no futuro” as súas obrigas co Concello pero sin concretar cando, e a pesares do gran retraso que neste senso se acumula. Parece que se quere enviar aos constructores a mensaxe de que non teñen motivo para  apoiar agora abertamente ao PP,  de que non teñen que preocuparse sempre que non cambie o goberno local.  Pero, entre outras razóns gracias ao traballo político de EU,  os/as cidadáns de Vilagarcía teñen hoxe unha maior información sobre qué se debe facer en urbanismo e promoción de vivendas si se quere respetar a legalidade e os intereses públicos, e que é o que non se debe facer para beneficiar a empresas e constructores que só buscan o maior beneficio económico, pretendendo incluso que determinados gastos de equipamento e urbanización que debían correr á súa costa saian dos cartos do Concello.   Existe na vila un debate intenso sobre o tipo de urbanismo que padecemos e sobre os beneficiarios do mesmo, debate que xá introducimos con forza na opinión pública cando Javier Gago era Alcalde e que permitiú que moita xente deixara de apoialo cando empezóu a entender claramente ata onde a súa xestión estaba ao servicio de empresas privadas que utilizaban os plenos municipáis e os acordos da Alcaldía para ver satisfeitos os seus intereses en detrimento do interés público, e do dereito a unha vivenda digna a precios normáis  e non de especulación e usura.  Na cita electoral do mes de Maio esta cuestión seguirá a ter gran importancia para a xente traballadora. Cun grupo municipal de EU máis forte, con EU na Alcaldía, poderemos facer un urbanismo ao servicio das clases populares.    

Relacionados