Esquerda Unida recorda que a interpelación presentada polo eurodiputado de EU, Willy Meyer, ante a Comisión Europea pretende promover medidas de protección para os traballadores e traballadoras do sector da lousa e para instar á Unión Europea a que se pronuncie ante a falta de publicación por parte da Xunta de Galicia do estudo realizado polo Instituto de Silicose de Oviedo que revela un aumento dos casos de silicoses.
O Secretario de Organización da Executiva Nacional valorou como desafortunadas as declaracións do Secretario Xeral da UGT en Monforte, Mario Docasar, quen afirmou que o interes do noso eurodeputado pola incidencia da silicosis entre os traballadores da industria pizarrera chega tarde e é oportunista. Cando a única preocupación de Esquerda Unida é a mellora da calidade de vida da clase traballadora, asemade a denuncia non fai máis que trasladar a Bruxelas as demandas que nos fixeron chegar diversos colectivos de Valdeorras, aos que ao parecer a UGT non escoito debidamente.
No val de Valdeorras milleiros de postos de traballo estiveron expostos a sufrir a silicosis por mor da extracción e transformación do mineral de lousa. Co peche de varias empresas recentemente atopámonos coa inaceptable situación de que os traballadores despedidos non tiveron a posibilidade de ser examinados para determinar o grao de afección pola silicose, o que vai imposibilitar que no caso de padeceren no futuro esta doenza poidan alegala como derivada do seu traballo, asemade de non dispor do coeficiente redutor cara a xubilación.
A nosa organización entende que segundo se desprende dos datos manexados –a pesares da redución experimentada– segue a darse na pizarra a meirande taxa de sinistralidade respecto de calquera outro sector. Segundo diversas informacións, hai uns meses a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria encargaron un estudo ao Instituto da Silicose, en Oviedo, do que se desprenderían conclusións alarmantes, pois seica dun 8% dos traballadores do sector a padecerían. Tivo que ser Esquerda Unida quen denunciase e trasladase a opinión pública o ostracismo informativo da Xunta ao non dar pulo aos resultados do devandito informe.
Esta realidade é a que move a nosa organización a presentar unha iniciativa parlamentar no Parlamento Europeo. Esta realidade dramática é a que esixe unha actuación decidida das organizacións políticas e sindicais para defender o dereito ao traballo en condicións de seguridade. Xa que logo non podemos comprender, nen compartir, as opinións vertidas por o voceiro do sindicato UGT nas que cualifica de oportunista a nosa iniciativa. Esquerda Unida vén amosando coa evidencia do seu quefacer a súa máis firme defensa dos intereses das e dos traballadores.
As demandas de Esquerda Unida son coincidentes co traballo de prevención como fórmula óptima para evitar esta doenza. A prevención é fundamental para garantir unhas condicións de traballo seguras. Xa que logo, EU coida fundamental desenvolver políticas de prevención no eido laboral e a derrota do escurantismo no que fai ao alcance desta enfermedade. O que até agora non se acadou malia as opinións vertidas polo sindicato UGT.
Esquerda Unida comprométese a continuar o seu traballo e anima ao sindicalismo de clase a perseverar nun traballo tenaz e constante para garantir unhas condicións de traballo seguras. Neste senxo EU gaba o traballo que está a desenvolver CCOO do Barco de Valdeorras para enfrontar a lacra da sinistralidade no sector da pizarra.
Finalmente, César Santiso preguntouse cal é o motivo que provoca as críticas do Secretario Xeral da UGT en Monforte, quen segundo se desprende das súas declaracións parece que pretende xustificar o traballo do seu sindicato, algo que en ningún caso pretendeu por en entre dicho Esquerda Unida coa súa pregunta ante a Comisión Europea. Santiso salientou o feito de que esta reacción desmedida ven a dar continuidade ao estraño modo de proceder da UGT, cando no 2001 rompeu a unidade sindical coas outras centrais, CCOO e CIG, e asinou en solitario un acordo ca patronal esquecendo a reivindicación base da redución da xornada laboal.