Esta situación que ata o día de hoxe, e a pesares do coñecemento que ten a Xunta do tema esta sin resolver, nos leva a plantexar na comisión de obras e servicios do concello, aínda non sendo da súa competencia que ten que actuar de forma decida na defensa dos intereses dos vecinos.
Dende o grupo municipal, levamos tempo advertindo que varias vivendas quedaban soterradas tras a execución da obra de seguridade vial, tan demanda polos vecinos e tan necesaria.Dende o grupo de goberno se nos contestaba que non era a súa responsabilidade ou que xa se vería, ben pois agora xa se ve: unha vivenda que se inunda cada dos por tres.
Demandamos urxencia á Xunta de Galicia na búsqueda de solucións a este problema, creado tras as obras de seguridade vial, e ó concello que presione de forma decida para a súa execución.Porque o resultado non pode ser que os veciños sigan a ver a súa casa inundada e que teñen que estar poñendo sacos de area para evitar un pouco a cantidade de auga que lles entra.
De tódolos xeitos o que denunciamos, e así o advertimos no momento da execución da obra a necesidade de que as augas pluviais se separasen das fecais, esto non ocurreu e agora os vecinos soportan as consecuencias. A día de hoxe non se pode entender unha obra nova que non contemple a separación das pluviais das augas fecais.