Inversión de 1,6 millóns

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que o PP continúa coa estratexia privatizadora no Concello, contratando a empresas para realizar traballos propios dos empregados públicos. Nesta ocasión dilapida os cartos públicos na contratación da inspección, intervención e dirección de adaptacións de edificios municipais, cando o propio marco regulador da materia sobre certificacións de eficiencia enerxética RD 235/2013 de 5 de abril recomenda, dada a dificultade económica que sofren as administracións, que para os seus edificios emita as certificación cos seus propios medios. O manifesta na Disposición Adicional primeira do RD sinalado, insistindo na Disposición Adicional cuarta ampliando a relación do persoal capacitado.

Para Esquerda Unida contratar un servizo por 1,6 millóns para aforrar 600.000 euros é un exemplo palpable da sen razón do goberno municipal. Unha actuación que non ten xeito, nin xurídico nin económico: xuridicamente colisiona coa propia normativa e economicamente é unha actuación desproporcionada, mingúen no seu sá densevolve unha acción para mellorar na eficiencia máis que o que vai a obter de aforro coa devandita actuación.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “rendabilizar o uso das dependencias municipais e mellorar a súa eficiencia enerxética é loable, pero non a costa de entregar 1,6 millóns públicos a empresas privadas”.

 

César Santiso salientou que ”esta é unha nova demostración de hipocrisía e falsa austeridade, o goberno local está a facer que a cidadanía pague por servizos de eficiencia enerxética a prezo de ouro cando o propio marco regulador recomenda que fagan os empregados públicos”.

Relacionados