Investigación Grupo Vendex

Esquerda Unida esixe que o Concello abra un procedemento de investigación en relación coas contratacións co grupo Vendex, habida conta que este grupo empresarial e baixo destinas denominacións ostenta a concesión de diversos servizos municipais, existindo ademais queixas dos traballadores e da veciñanza na xestión dalgunha delas como por exemplo cando non pagaban a tempo aos traballadores de deportes, aos da ORA, ou aos da grúa. De feito os monitores de actividades aínda dependen desta empresa e non teñen asegurado o cobro dos seus salarios.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes afirma que leva tempo intentando controlar os procesos de contratación e o funcionamento dos servizos das concesionarias, entre elas a do grupo Vendex, mais atópase co escurantismo do goberno municipal. Neste sentido semella fundamental establecer de urxencia mecanismos democráticos de control e transparencia, para asegurar que se cumpren os pregos de condicións porque no caso de que o goberno do PP non desenvolva as medidas necesarias para aclarar a situación desta e outras concesionarias sería, no caso de confirmase os delitos, en cómplice dos corruptos.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella necesario esclarecer os procedementos de contratación e o desenvolvemento dos servizos desenvolvidos pola empresa grupo Vendex, porque entre outras concesións municipais ostenta a xestión da ora e a grúa da cal denunciamos as escandalosas perdas que presenta e que temos que pagar entre todos os coruñeses e coruñesas”.

Efectivamente, César Santiso compareceu en rolda de prensa fai un máis dun mes para denunciar a inacción do goberno municipal diante do malgasto que supón as perdas da concesionaria de ORA e grúa, situación que o goberno local do PP comprometeuse publicamente a resolver cando denunciamos en decembro de 2011 que durante os tres últimos anos as perdas declaradas pola empresa ascendían a 1,7 millóns de euros. Así a concesionaria, Grupo Europeo de Servizos Doal, recibe das arcas municipais a cantidade deficitaria derivada da xestión destes servizos, e dicir unha vez máis os coruñeses e coruñesas temos que financiar as perdas dunha empresa privada, tal e como establece o contrato adxudicado en abril 2005, debido a mala xestión pública do PSOE que cando goberna dedicase a brindar contratos que aseguren a socialización da perdas das empresas ao tempo que privatiza os beneficios.

Ao mesmo tempo Santiso propuxo que sexa o propio concello quen xestione a grúa e a ORA, servizos que en lugar de producir beneficios como sería o normal supón un sobrecusto de 2000 € diarios aos coruñeses.

 

Relacionados