Investimento público

 

Son moitas as obras pendentes de se realizar  e son un elemento da política económica importante que este Goberno non debería desbotar.  Estaremos atentos ao grao de execución orzamentaria dun orzamento xa de seu reducido na partida adicada aos investimentos.

 

“Son moitas as actuacións pequenas e non tan pequenas que hai que realizar e que suporían un alento económico e de emprego que precisamos en Ferrol,” salienta Javier Galán; actuacións que   dada a falla de compromisos por parte da Xunta e dun mudo Goberno de Rajoy, incapaz de articular un  si a, por exemplo, as demandas do sector naval, adquiren un relevo superior para mudar unha dinámica económica e social regresiva.

 

Esquerda Unida quere lembrar que hai moitas actuacións pendentes de acometer ou de se completar e que urxe a súa implementación en orde a garantir un mínimo de actividade económica que palíe a actual situación de recesión económica e depresión social.  Dende as obras no Callao ate a Costa de Mella – 300.000 euros-, pasando polas actuacións a desenvolver no plan de humanización dos barrios ( 300.000 euros ). A realización completa das intervencións en Canido ou a conclusión da intervención no Hospicio configuran outros rubros a executar para cumprir esa dupla finalidade, de mellora da cidade no plano físico e económico e social.

 

En particular, Javier Galán esixe que se cumpran os compromisos que este Goberno asumiu en relación coa execución das obras pendentes de execución e remate dos OP,s de 2009-10, que acordadas pola veciñanza e Pleno do concello teñen que realizarse de xeito necesario e que suporán un estímulo económico e para o emprego beneficioso para a nosa cidadanía.

 

En resumo, Esquerda Unida reclama dilixencia ao Goberno Municipal para proceder a investir en obra pública,  de xeito que esta repercuta favorablemente no conxunto dos equipamentos físicos e na dinámica socioeconómica da cidade.

Relacionados