Investimentos no museo da SGHN

O meritorio traballo desta sociedade, promovendo os valores ecolóxicos e culturais nos centos de escolares que visitan o museo non se ve correspondido dende o goberno municipal coa necesaria adecuación das instalacións, senón todo o contrario: humidades, falta de pintado, o tellado en ruínas e a utilización das inmediacións como escombreira pública prexudican gravemente e incluso poñen en risco o alto valor dos fondos museísticos

A escusa da pertenza da Casa do Coronel ao Ministerio de Defensa para non facer unha intervención pública non serve como impedimento para unha actuación integral na sede do museo. Logo de tres anos de estado de abandono absoluto do aparcadoiro de superficie do Sánchez Aguilera con risco para as persoas e os vehículos, a tres meses das eleccións locais, a propiedade de Defensa non foi escusa para un arranxo exprés impulsado polo concelleiro Borja Carro. O convenio con defensa que tras máis dun ano de anuncio inmediato da súa entrada en vigor segue aparcado a falta do momento electoral oportuno.

Jorge Suárez cualifica o estado do Museo, con alto valor pedagóxico, como un un desleixo máis responsabilidade do goberno municipal cara aos bens e valores de interese cultural e alto valor pedagóxico para a cidade e reclama actuacións concretas:

O pintado da fachada exterior da Casa Coronel, xa que a día de hoxe é o paradigma do feísmo urbanístico que debemos erradicar.

O inmediato arranxo do tellado das instalacións, onde as tellas están acumuladas enriba da uralita, con perigo para o propio museo así como para os viandantes que transitan pola avenida do Rei

A cesión da nave e xardín contiguo, para as instalacións do museo, coa habilitación dunha entrada para autobuses, que serviría de impulso ás visitas escolares e doutros colectivos

A reparación sen ningún tipo de aprazamento das humidades tanto no salón de actos como na sala de exposicións, humidades que danan os fondos do museo e son un risco para a saúde dos traballadores e traballadoras e visitantes, xa que percorren toda a instalación eléctrica e afectan ás vigas que sustentan o tellado

A habilitación do ascensor inutilizado, que impide as visitas ao museo das persoas con diversidade funcional

 

Por outra banda Jorge Suárez recrimina ao goberno municipal a discriminación deste museo respecto a outros da cidade como Exponav, respecto á sinaléctica pública do museo, sen que conste en nigún vial nin en ningún punto de entrada da cidade indicacións da situación do mesmo.

Relacionados