Esquerda Unida denuncia a inxusta exclusión do programa de renda activa de inserción dun parado de longa duración. No mes de novembro Jose Manuel padeceu un brote psicótico que lle incapacitou para desenvolver a súa vida habitual e lle obrigou a permanecer encamado durante todo o mes, motivo polo cal non puido acudir ao Servizo Público de Emprego a pasar a correspondente revista tal e como a normativa establece. Diante desta situación retiráronlle a prestación que viña percibindo, motivo polo cal o prexudicado presentou a correspondente alegación achegando os perceptivos informes médicos do Sergas que corroboran o anteriormente expresado.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que a resolución de exclusión ditada, que deixa na exclusión social a unha persoa, infrinxe o propio artigo do Real Decreto no que se ampara. Efectivamente o artigo 9 do Real Decreto 1369/2006 de 24 de novembro, no seu apartado b especifica que “causa baixa definitiva non comparecer previo requirimento ante a dirección provincial do servizo público de emprego, non renovar a demanda na forma e datas que se determinen…” máis finaliza indicando “salvo causa xustificada”. Dende EU, consideramos inaceptable que non se acepte como causa xustificada o informe médico que acredita a imposibilidade de acudir a cita, asemade entendemos que non se está aplicando o espírito da norma que busca a responsabilidade dos perceptores da prestación, non o atallo para retirar o subsidio.
César Santiso indicou que “o PP está a retorcer a lei con interpretacións torticeiras para aforrar cartos a conta dos mais necesitados, amosando unha alarmante falta de humanidade, animo a todas as persoas que se atopen nesta situación a achegarse ao grupo municipal de EU-V. Non é necesario que denuncien publicamente, chega con que nos informen para que podamos desenvolver as iniciativas parlamentarias oportunas e rematar con esta inxusta situación”.
“Primeiro foi a Xunta co bloque da tarxeta a sanitaria, agora é o Ministerio de Emprego e Seguridade Social”, salientou Santiso quen se preguntou si esta actuación non será unha represalia, porque Jose Manuel foi o cidadán que, con valentía, denunciou publicamente o bloqueo da súa tarxeta sanitaria.
José Manuel Iglesias explicou que se queda sen percibir ningún tipo de ingreso, e que leva subsistindo estes últimos tres meses grazas aos 500 € que gaña a súa filla cun salario de media xornada, así unha vez descontados os 200 € de aluguer mensual lles quedan 150 € a cada un para poder comer. Asemade afirmou que coñece a máis persoas que se atopan nesta situación e preguntouse porqué existe diferenza entre os parados normais e os de longa duración “porqué a un parado normal lle quintan un mes de subsidio por faltar a unha cita e aos de longa duración nos retiran todo o subsidio?
Finalmente Jose Manuel que si recibe resposta negativa a súa segunda reclamación, levará o caso diante da xustiza porque “aínda que non teño cartos, teño dignidade e isto é unha inxustiza”.