Iº foro de transporte

 

Iníciase deste xeito a campaña de democracia participativa en Gondomar, unha sucesión de varios foros temáticos nos que os veciños do municipio poderán participar na realización do programa de Esquerda Unida para as eleccións de 2011.

é importantísimo a vosa presenza para conseguir mellorar o transporte en gondomar, deficiente dende hai anos.construir unha alternativa política é cousa de todos, e non será posible sen vós.os homes e mulleres do municipio temos o deber moral de voltar darlle vida o val miñor.as nosas demandas iniciais son as seguintes:

1-PRESIÓN SOCIAL PARA CREACIÓN DEFINITIVA DO CARRI-BICI GONDOMAR-RAMALLOSA.

2-ALQUILER DE BICICLETAS EN CADA PARROQUIA, PARA PALIAR NA MEDIDA DO POSIBLE AS DEFICIENCIA NO TRANSPORTE A CURTO PRAZO.

3-MINIBUS INTERPARROQUIAL QUE ROMPA CO ILLAMENTO O QUE SE VEN SOMETIDAS AS NOSAS PARROQUIAS.

4-MELLORAR A LIÑA GONDOMAR-VIGO E GONDOMAR-BAIONA, RECURRINDO A MANIFESTACIÓNS EN CASO DE SER NECESARIO.

5-NOITEBUS BAIONA-GONDOMAR.

Estas demandas, unidas as vosas propostas, serán as que lle den forma o noso programa político. Sen máis, esperamos veros por alí. Un forte saudo.

“QUE NON DECIDAN POR TÍ”

 

Relacionados