Irregularidade nas pistas de xeo

Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal está a legalizar irregularidades sen depurar responsabilidades. Nesta ocasión levou ao Pleno ordinario deste mes a aprobación dun modificativo de crédito do IMCE que inclúe o pagamento dunha factura a través dun recoñecemento extraxudicial de obrigacións. A empresa Pan Artesano Gallego S.L. constituída para a fabricación de produtos de panadería e pastelería, modificou o seu obxecto social para poder explotar a pista de patinaxe que se instalaba no Coliseum, resultando adxudicataria do procedemento de contratación correspondente.

Do que se deduce dos informes presentados, os días 3, 30 e 31 de xaneiro do 2009 en datas nas que a empresa Pan Artesano Gallego S.L. tiña montada e explotaba a pista de patinaxe, a alguén se lle ocorre celebrar no Coliseum o “Show de Barrio Sésamo” e o “Campionato de España de Judo”. Semella que alguén acorda coa concesionaria da explotación da pista de patinaxe que se encargue do desmontaxe da pista de xeo para deixar libre o Coliseum e así poder celebrar os outros espectáculos e o posterior montaxe, negociando unha compensación polos días que non pode explotar a pista de xeo. Todo elo sen respectar os procedementos administrativos de contratación, sen os preceptivos informes de Intervención e saltándose a legalidade vixente.

O caso é que agora nos atopámos cunha factura de fai tres anos por un custo que non sabemos se é o adecuado, e que inclúe un pago a Pan Gallego Artesano en compensación polos días que non explotou a súa concesión de 15.000 euros más IVE.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta ao goberno local a poñer o expediente en coñecemento da fiscalía, do Consello de contas e do Tribunal de Contas e que inicie, o expediente sancionador ou de responsabilidade patrimonial, se procede, contra aquel o aqueles responsables de esta chapuza, non tanto polo importe en si da operación senón para demostrar dunha vez que o Concello da Coruña respecta e fai respectar a lei.

César Santiso, indicou que “o PP está a ser cómplice dos chánchullos de anteriores gobernos, pois segue a pagar facturas de caixón de anteriores gobernos. Con este tipo de accións corporativistas, onde os uns tapan aos outros, non é de estrañar a desafección da xente do común coa política e os políticos, nin tan pouco que a casta política ocupe o terceiro lugar entre as preocupacións da cidadanía como reflicten as enquisas. Evidentemente bloquear o pagamento das facturas mal orzamentadas ou xestionadas supón facer recaer sobre a economía das empresas subministradoras os erros da Administración municipal, afogando máis ao tecido produtivo local, máis neste caso existen claros indicios de complicidade da empresa cos xestores para saltarse o procedemento administrativo, polo que esiximos que se depuren responsabilidades

Relacionados