Irregularidades obras Casablanca

 

Unha vez máis facémonos eco das demandas da veciñanza, nesta ocasión Esquerda Unida denuncia presuntas irregularidades na construción de varios inmobles na zona de Casablanca, tal e como se ve nas fotografías, obsérvase que algúns sumidoiros da zona están sen tapar e sen sinalizar, deixándoas completamente abertas. Isto supón un foco de accidentes para os operarios da obra e para os usuarios da vía pública.

 

Por outra banda a instalación eléctrica da caseta de obra ten unha acometida que non cumpre a normativa de instalación eléctricas, con cables colgando entre farois que poden resultar danados polo paso dalgún camión. Tampouco obsérvanse separadores dieléctricos que illen os cables, de modo que calquera dano na mangueira de goma que os envolve suporía a posibilidade de electrocución de calquera neno que se apoiase nalgunha dos farois que serven de soporte.

 

Tamén puidemos observar como as calzadas próximas a obra están completamente cubertas de lodos e barros, impedindo o paso dos veciños e deixando as beirarrúas pouco menos que inutilizábeis

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta ao Goberno municipal a que aplique as medidas correctoras necesarias para eliminar as eivas detectadas, xa que logo rexistrará unha solicitude no Concello para que o Goberno municipal inicie o expediente sancionador correspondente e obrigue a promotora a corrixir inmediatamente as graves irregularidades detectadas para que deixen de ser un perigo e unha molestia para os veciños.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “esiximos ao goberno municipal que faga un control intensivo para evitar que A Coruña siga a ser a cidade sen lei en canto a urbanismo”.

Relacionados