Esquerda Unida pula pola consecución da III República, unha República, Laica e Federal baseada na transparencia pública e na democracia particiativa para outorgarlle capacidade de decisión á cidadanía.
Como ven sendo habitual, Esquerda unida organiza a IV festa republicana, nesta ocasión en conmemoración do oitenta cabodano da república na que participará Carlos Echeverría, expresidente do Ateneo Republicano.
O acto, organízao o consello local de Cambre, contará coa presenza do candidato á alcaldía por Cambre Luis Taibo, o coordinador comarcal e candidato á alcaldía por A Coruña César Santiso e a coordinadora nacional e candidata á alcaldía por Ferrol Yolanda Díaz.
A IV Festa Republicana desenvolverase o vindeiro sábado 16 de abril dende as 13:00 h. até as 20:00 h. no polideportivo de Pravio e contará coa actuación dos grupos musicais Desptemplandos, I Am Breakers e Los eskarallaos.