Presentación de Alternativa

Ás once e media desta mañá, Juan Fajardo, cabeza de lista pola provincia de Pontevedra da coalición entre Esquerda Unida e Anova: Alternativa Galega de Esquerda, chegaba aos Xardíns da Xiralda para atoparse co Coordenador Local de Esquerda Unida, Lino Costas, e os representantes de Anova na vila, André Represas e Cristian Mosquera, e falar aos medios das iniciativas que a nova coalición ten previstas ao chegar ao Parlamento.


 

Lino Costas presentou a Fajardo coma un traballador concienciado que considera que o emprego debe estar agora mesmo por encima de todo. Informático de profesión e concelleiro en Vilagarcía de Arousa, o candidato chamou á mobilización para unha saída da crise que se faga tendo en conta ás persoas e non aos poderes financeiros, chamados mercados.

Alegou que é moi necesario que a coalición chegue ao Parlamento Galego xa que éste non tivo ningún representante da clase obreira nos últimos tempos. Alguén que defenda aos galegos e galegas da estafa da crise, que garantice uns servizos públicos de calidade e, sobor de todo isto, que asegure a creación de emprego.

Alternativa Galega de Esquerda eliminará a tesoira do Parlamento Galego, ademais de introducir unha política de remate dos privilexios dos parlamentarios: “non queremos gastos suntuosos, nin comelladas, nin gaiteiros a miles, nin salarios estratosféricos, nin centos de asesores con salarios indecentes” sinalou Fajardo.

Tamén confirmou a súa asistencia ao acto organizado hoxe en Xinzo ás 20:00 “RESCATAR ÁS PERSOAS, NON AOS BANCOS”.

 

Relacionados