Juan Fajardo: “Os datos da EPA confirman que o mercado laboral é o mercado da subsistencia”

O INE fixo pública esta mañá a Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre, “uns datos que mostran que o capitalismo financeiro e as grandes industrias conseguiron o obxectivo que perseguían coa crise: esnaquizar os dereitos laborais”, asegura Juan Fajardo, membro de dirección de Esquerda Unida de deputado de AGE .

“Con estes datos podemos afirmar que o mercado laboral é o mercado da subsistencia, quen ten o seu traballo é para sobrevivir e non para vivir dignamente. Iso é así porque un de cada catro traballadores ten un contrato temporal”, explica o deputado. De novo, de cada catro asalariados un ten contrato temporal, unha cifra que sigue aumentando e definindo un nefasto mercado laboral para a maioría social.  A temporalidade segue a ser a característica principal dos contratos en Galicia, onde esta taxa aumenta 2,5 puntos e sitúase xa no 27,5%.

“Hoxe traballar nin é sinónimo de dignidade nin de poder chegar a fin de mes. Por iso, non se pode consentir que se oculten datos graves desta lectura, concretamente dous, por un lado, hai unha maior rebaixa salarial e, por outro, unha rebaixa das condiciones laborais”, explica Fajardo. “Se ven é certo que traballa máis xente, hai un traballo máis repartido, coa mesma masa laboral, pero máis repartida entre traballadores e traballadoras que cobran menos”, remata.

Relacionados