Esquerda Unida Cambre e Oleiros organiza o martes 10 de xaneiro, a partir das 20 horas, no local de Esquerda Unida en Cambre (Rúa Constitución nº3-baixo), a charla que leva por título “O que non nos contan sobre a economía”.
Manuel Lago, deputado por En Marea, economista especializado no mercado de Traballo, profesor de universidade e colaborador de diferentes medios será o encargado de impartir o coloquio e abrir, mediante esta conferencia, unhas xornadas de formación que a organización levará a cabo no municipio.
Manuel Lago fala sobre “O que non nos contan sobre a economía” en Cambre
Hora: 20 horas. Data: Martes, 10 de xaneiro. Lugar: Local de Esquerda Unida (Rúa Constitución 3 Baixo, 15679 O Temple-Cambre). |