Recadatoria e privatizadora son os rasgos característivos dunha lei que golpea a todas e todos os galegos, e mais en particular fai pagar un sobrecusto á Galicia do interior, a esa poboación vencellada ao agro, que sostén unha loita sen cuartel contra a despoboación e o desvertebramento social e territorial que inducen as dinámicas da globalización capitalista.
O grupo de traballo de EU cedeira considera necesario dar a coñecer os contidos meramente recadatorios da lei para animar á mobilización da cidadanía na súa contra. Lembramos que non deixa de crecer a contestación social en todo o país, cunha plataforma nacional que xa amosou a súa potencia na pasada mobilización do día 20 de marzo.
Nada axchega no plano da protección medioambiental, todo o contrario. A submisión ao dereito privado do ente Augas de Galicia pon de manifesto que a auga vaise xestionar con criterios de rendabilidade económica, en prexuízo dos croterios sociais e sustentables, que son ao noso xuízo os que importan cara a un futuro onde a auga constitúese como un recurso fundamental e escaso.