Lei de garantías sanitarias

A deputada Eva Solla denunciou na súa comparecencia o seu malestar pola falla de respecto amosada polos membros do Partido Popular polos grupos parlamentares da oposición que lembrou foron elixidos pola cidadanía como lexítimos representantes polo que cando o PP limita o traballo dos deputados da oposición o que está a facer é atacar directamente aos milleiros de persoas que os votaron nas furnas. Aspectos fundamentais no tocante ao regulamento desta lei non están actualmente contemplados no texto presentado esta mañá e tal e como recoñeceu o deputado do PPdeG en comisión, Miguel Santalices, serán regulados posteriormente o que significa que os grupos de oposición non terán nin tan sequera a posibilidade de presentar emenda algunha ou coñecer cómo se vai a poñer en practica esta lei.

No tocante a Lei de garantías de prestacións sanitarias presentada polo Partido Popular a deputada Eva Solla lamentou que o único interese do PP siga a ser garantir o negocio das empresas privadas que é precisamente o que se busca con este texto chegando a coaccionar á cidadanía para que non se negue a acudir a centros privados.

Relacionados