Neste día, se conmemoran reivindicacións que deben ser acollidas por políticas públicas por arte das institucións destinadas a velar polos dereitos destas persoas.
Dende Esquerda Unida consideramos que o 28 de xuño, conmemoración do Día do Orgullo LGTB, é un día de ledicia, raiba e memoria. Ledicia para celebrar as conquistas acadadas en materia de igualdade e diversidade. Raiba para indignarnos e rebelarnos ante unha realidade invisibilizadora discriminatoria e opresora do colectivo. Memoria para non esquecer o pasado, para lembrar o compromiso militante de varias xeracións de activistas LGTBI.
A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, indicou que “nas escolas, nas consultas médicas, nos centros de traballo… a discriminación persiste e o brutais recortes que sufrimos actualmente a reforzan especialmente.”
Hoxe, cando se cumplen 43 anos dos disturbios é necesario continuar a loita e alzar a voz unha vez máis. Na actualidade a loita de gays, transexuais, bisexuais e intersexuais, no marco da crise global do capitalismo ten que reimpulsarse, reinventarse, fortalecerse e atoparse con outros movementos sociais de resistencia para plantexar xuntos unha verdadeira alternativa social ante un sistema que fai augas.
A executiva nacional de Esquerda Unida considera que os recortes do goberno do pp e da troika están a menoscabar de maneira especial á dignidade do colectivo LGTBI. As tesoiras recortan impunemente contidos sobre diversidade afectivo-sexual e LGTBIfobia da asignatura de Educación para a Cidadanía, recortan os dereitos laboráis cunha nova reforma laboral esixida polos mercados e recortando o irresponsablemente as axudas públicas á loita contra a VIH/SIDA e atacan os dereitos humanos das migrantese da persoas transexuais recortando o seu acceso á sanidade pública.
MANIFESTO DO 28 DE XUÑO DÍA DO ORGULLO LGTB
O 28 de xuño conmemoramos o Día do Orgullo LGTBI, un día de ledicia, raiba e memoria. Ledicia para celebrar as importantes conquistas que o movemento LGTBI alcanzou nos últimos anos, avanzando sen renderse na súa firme loita pola igualdade e a diversidade. Rabia para indignarnos e rebelarnos ante unha realidade que nos segue invisibilizando, discriminando e oprimindo, pero tamén para defender con uñas e dentes os dereitos que tanto esforzo nos custou conseguir e que hoxe corren serio perigo. Para rematar, memoria para non esquecer o noso pasado, para recordar o compromiso militante de varias xeracións de activistas LGTBI que desde os suburbios de Nova York e as prazas de Bos Aires ás ramblas de Barcelona arriscaron as súas vidas por conquistar máis igualdade e máis liberdade en tempos non tan afastados.
Hoxe, cando se cumpren 43 anos dos disturbios de Stonewall, é necesario continuar a loita, alzar a voz unha vez máis. Na actualidade a loita de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuales, no marco da crise global do capitalismo, ten que reimpulsarse, reinventarse, fortalecerse e atoparse con outros movementos sociais de resistencia para expor xuntos unha verdadeira alternativa social ante un sistema que fai augas, que fronte á súa debilidade só é capaz de impor máis pobreza e máis violencia. Esta gran estafa, mal chamada ?crise?, promete acabar con todo, coa democracia e cos dereitos sociais, cos cimentos dun Estado do benestar construído grazas á forza de moitas loitas sociais. Ante esta ameaza para os pobos non pode caber a resignación nin o conformismo. Hai que berrar basta.
Lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuales sufrimos nas nosas propias carnes os efectos dos plans de axuste e das políticas de austeridade, pero para nós os recortes empezaron antes desta crise económica. Comezaron cando o Partido Popular recorreu os nosos dereitos, e os das nosas familias, ante o Tribunal Constitucional, pretendendo así frear conquistas que o movemento LGTBI gañou nas rúas e nas institucións xunto ás forzas políticas de esquerda. Máis tarde, os recortes á igualdade continuaron cunha reforma laboral inxusta, aprobada polo goberno do PSOE, que condenou ao colectivo LGTBI, especialmente vulnerable no ámbito laboral, a máis paro e máis precariedade.
Co goberno do PP e a troika as tesoiras do capital seguen hoxe ameazando os dereitos e a dignidade de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuales. Esas tesoiras recortan impunemente os contidos sobre diversidade afectivo-sexual e LGTBIfobia da materia Educación para a Cidadanía, recortan os nosos dereitos laborais cunha nova reforma laboral esixida polos insaciables mercados, mánchanse de sangue recortando irresponsablemente as axudas públicas á loita contra o VIH/SIDA e atacan os dereitos humanos das e os migrantes e as persoas transexuais recortando o seu acceso á sanidade pública. Desta forma, lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuales aparecemos no centro da diana do neoliberalismo. Mentres tanto, a banca, o exército, a igrexa e a patronal, institucións claramente LGTBIfobas, conservan todos os seus privilexios, tamén os económicos. Os seus recortes son a nosa verdadeira crise.
Nas escolas, nas consultas médicas, nos centros de traballo… a discriminación persiste e os brutais recortes que sufrimos actualmente refórzana especialmente. A LGTBIfobia mostra neste contexto de crise a súa cara máis crúa e amarga. A dereita, a igrexa, a caverna mediática e a patronal fan gala sen andrómenas do seu tradicional machismo e LGTBIfobia e sinalan claramente quen son as e os condenados a pagar os efectos da crise capitalista. A igualdade nunca lles gustou e agora está no punto de mira dos seus recortes. O seu obxectivo final é claro, facer pagar a crise ás grandes maiorías sociais, e non aos seus verdadeiros culpables. Con total impunidade rescatan bancos, pero nunca traballadoras nin traballadores.
Sobran motivos para indignarse, para protestar, para ocupar as rúas, non podemos rendernos agora. Non son tempos fáciles para o colectivo LGTBI e por iso debemos defender a solidariedade como o noso principal instrumento; unir forzas sociais, tecer alianzas desde abaixo e á esquerda para seguir combatendo o machismo e a LGTBIfobia, para continuar a nosa loita pola igualdade e a diversidade. Reivindicamos un Estado laico, participamos nas mareas en defensa dos servizos públicos, traballamos no movemento feminista e no estudantil, paramos o país nas folgas xerais e unímonos aos traballadores mineiros en loita. Porque lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuales tamén somos clase obreira. Pensamos que a nosa loita pola liberación sexual e de xénero só pode comprenderse desde a esquerda, xa que só desde a esquerda poderemos contribuír a crear unha alternativa real ás políticas de axuste, paro e precariedade.
Rexeitamos o capitalismo, tamén o rosa. Os nosos dereitos non poden ser un negocio e, por iso, chamamos á celebración dun Orgullo LGTBI alegre, rebelde e combativo, que logre recuperar a protesta e a reivindicación, repolitizando e desmercantilizando a nosa loita. Só así conseguiremos impulsar unha resposta clara e contundente fronte ao capitalismo heteropatriarcal. Este sistema nos invisibiliza, discriminanos, recórtanos…, pero nós e nós responderemos. Non máis estafas, non máis chantaxes, non máis recortes. Non pagaremos a súa débeda. A crise non é escusa, a igualdade non se recorta. ¡Nin un paso atrás!