Liberación Inmediata de Miguel Quinteiro

Igualmente considera que o trato que trasladan as imáxenes da súa detención poidera poñer en risco a súa saúde ao tratarse dun home maior convalecente aínda dunha enfermidade.A ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS de Vigo considera que o desmesurado operativo policial e a actitude provocadora dos corpos de intervención policial (UIP) fóron a todas luces intolerables nunha mobilización exemplar e que simplemente procuraba denunciar o verdadeiro secostro que vive o parlamento do estado español, o que sistemáticamente fai o goberno impedindo á cidadanía e a oposición política ser parte activa dos instrumentos de representación popular.

O detido, Miguel Quinteiro, activista histórico de numerosas plataformas en defensa dun sistema financeiro público, nin é un terrorista nin membro dun deses “grupos violentos” que de xeito intoxicador está difundindo a prensa. Trátase dun cidadán vigués exemplar, con anos de defensa de modelos de participación política plural e de plataformas cívicas abertas. A súa detención, aos que coñecemos a Miguel, parécenos propia dun réxime fascista incapaz de entender a oposición democrática ás súas políticas de recortes sociais e agresións ao conxunto das clases populares.

 

A ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS participará hoxe ás 18 horas nunha concentración en solidariedade co 25S na Farola de Urzáiz (esq con Príncipe) e en apoio ao detidos e feridos pola brutalidade policial e o comportamento provocador da subdelegación do goberno en Madrid e o goberno autonómico.

Relacionados