Licitación dos centros de saúde

Esquerda Unida denuncia a diminución do número de centros de saúde que pretende construír o SERGAS. Así se desprende do acordo da Xunta de Galicia do 1 de agosto de 2012, que se materializa no anuncio de licitación publicado o pasado vernes no Diario Oficial de Galicia, para a contratación conxunta da redacción de proxectos, dirección de obras, mantemento e subministración enerxética de 15 novos centros de saúde. Hai que lembrar que en outono do ano 2010 a conselleira de Sanidade Dª Pilar Farjas anunciaba a próxima construción de 19.

Esquerda Unida considera inadmisible o retraso nas obras dos centros de saúde que xa tiñan redactado o proxecto de construcción. A revisión dos proxectos, para adaptalos aos novos plans funcionais, a parte dun retraso na construción daqueles centros de saúde que xa tiñan o proxecto redactado, vai a supoñer unha diminución das prestacións de ditos centros, xa que a superficie útil dos centros cuxos proxectos se van a revisar diminúe en case unha cuarta parte con respecto aos proxectos xa redactados. Esto vai a supoñer a diminución de alomenos 36 consultas, ademais de salas de educación para a saúde, de tomas de mostras entre outras.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida e candidata á Xunta, Yolanda Díaz, manifesta que “en determinados centros de saúde a diminución de superficie útil construída é alarmante, exemplo de Gondomar onde se reduce nun 43%, Cambre un 37% e Tui un 32%”. Para Esquerda Unida isto supón unha diminución da calidade da asistencia sanitaria en atención primaria e unha política errónea por parte da Xunta de Galicia por non potenciar a atención primaria. Non é comprensible este tipo de contrato, no que se fai un contrato para a redacción e revisión de proxectos, así como a dirección facultativa das obras, xuntándoo cun contrato de mantemento e de subministro de electricidade a  ditos centros de saúde, aínda que sexa de xeito opcional. Cabe destacar que a pesar da política propagandística dos últimos gobernos da Xunta de Galicia,  aínda non foron licitadas as obras de construción de ditos centros, e dende hai varios anos se leva anunciando a inmediata licitación deles. Isto si que supón un despilfarro dos que fala Nuñez Feijoo, se ao final hai que resicindir o contrato de subministro de electricidade, por habelo licitado antes da contrucción dos edificios.

Esquerda Unida quere saber que vai a acontecer cos Centros de Saúde dos que se anunciou a súa construcción ou dos que aínda que non se anunciou a súa construcción se foron licitados os proxectos de obra, e agora non se licitan as obras, como pode ser os de Ribadavia, Vinteún en Ourense, Conxo ou Ames- Milladoiro.

 

Relacionados