Limpeza de espazos públicos

Esquerda Unida esixe que se limpe de maleza as escaleiras entre a Avda. do Pasaxe e Camiño A Regueria. Logo da denuncia recibida unha equipa de EU desprazouse até a zona e observou como a escaleira sita á altura do número 30 da Avda. (pegada ao muro do Centro de Menores San José de Calasanz), atópanse invadidas por maleza dificultando o tránsito dunha escaleira que xa é perigosa por si soa porque teñen os chanzos moi estreitos. Tal é a situación de abandono que a maleza estase a estender pola beirarrúa da propia Avda. do Pasaxe.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao goberno municipal sobre o lamentable estado no que se atopa a beirarrúa da avda. Do pasaxe. Concretamente:

– Ten coñecemento o goberno municipal do lamentable estado de mantemento no que se atopa a escaleira entre a Avda. do Pasaxe e o Camiño A Regueira?

– Ten pensado o goberno municipal limpar a maleza tanto das escaleiras como da propia beirarrúa? No caso de que a resposta sexa afirmativa, en que prazo de tempo?

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “é triste que teña que dende a oposición teñamos que denunciar e esixir este tipo de actuacións, mais esperamos que o concello actúe con dilixencia e proceda a limpeza da maleza da escaleira que se atopa fronte o hospital Teresa Herrera, popularmente coñecido como materno infantil”.

Finalmente, César Santiso preguntouse si as concelleiras de barrio necesitan utilizar lentes porque é difícil non detectar esta situación si realmente visitan todas as zonas da cidade como afirman constantemente.

Relacionados