Limpeza de estradas antes das choivas

 

En concreto dous na Avenida do Pasaxe, un na Rolda de Outeiro, un na Avenida de Finisterre e outro en Alfonso Molina.

 

Segundo o aparecido nos medios de comunicación os mesmos medios de emerxencia desprazados para realizar os traballos de limpeza e asistencia aos feridos atribuíron os accidentes a unha combinación da choiva con a sucidade acumulada o longo do verán nas estradas, que formou unha película deslizante que fixo imposíbel o control dalgúns vehículos por parte dos seus condutores.

 

O grupo municipal de EU-V presenta unha moción para instar ao Goberno municipal a tomar as medidas correctoras necesarias para evitar os accidentes derivados da combinación de choiva e sucidade nas estradas a través dun plan de limpeza nas principais vías de circulación antes das primeiras choivas outonais. Concretamente presenta estas dúas propostas de acordo:

 

– Instar ao Goberno municipal a tomar as medidas correctoras necesarias para que a concesionaria da limpeza viaria CESPA acometa de urxencia unha limpeza específica destas vías principais de circulación na cidade en previsión a que se produzan novos accidentes por causa das intensas choivas outonais.

 

– Instar ao Goberno municipal a desenvolver un plan de limpeza das rúas da cidade no cal se modifique os requisitos para asegurar que a concesionaria proceda a limpeza anual das principais vías de circulación antes de que comece o período outonal de choivas.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “este é un problema que se repite ano tras ano e que pon en perigo a integridade dos condutores coruñeses, o Concello debe actuar de urxencia”.

Relacionados