Esquerda Unida insta ao goberno municipal a limpar a maleza e retirar os restos de materiais bioperigosos en Penamoa, así os terreos que están entre a rúa Alcalde Jaime Hervada e os depósitos de auga de Penamoa presentan un estado de descoido lamentábel, cheos de maleza que crece sen control o que supón un elevado risco de incendio. Por iso esiximos o inmediato desbroce la maleza e que esta actividade se desenvolva con regularidade.
Por outra banda a acumulación de maleza sirve de cobertura para o desenvolvemento de actividades delictivas de tráfico de drogas como vén denunciando a veciñanza da zona, ao tempo que esconde a acumulación de refugallos e restos bioperigosos de xiringas e outros utensilios necesarios para a administración intravenosa de estupefacientes.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao goberno municipal si ten actuación de actuar na zona comprendida entre a rúa Alcalde Jaime Hervada e os depósitos de auga en Penamoa, concretamente:
1.- “Ten previsto o Goberno Municipal limpar de maleza a zona comprendida entre a rúa Alcalde Jaime Hervada e os depósitos de auga de Penamoa?
2.- Ten previsto o Goberno Municipal limpar os restos de materiais bioperigosos utilizados polos toxicómanos para a administración de drogas intravenosas e que están desperdigados pola devandita zona?”
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella indignante observar como a veciñanza do Ventorrillo e arredores segue a sufrir o abandono e o desprezo dos distintos gobernos municipais apesares da débeda histórica que o Concello ten para con eles”.