20110223laminha01 copiar.gif - 16.98 Kb

Limpeza e arranxo do tramo Lamiña e Puntal

 

O “Goberno Municipal”, a escondidas inaugura a senda litoral, mal construída sobre a zona que pertence ao río e océano, estrangula a saída do porto de A Guarda e para colmo en estes momentos estanse facendo retranqueos e cambiando os farois de alumeado público. ¿Quen paga estes cambios?

Pomos algúns exemplos, praias sen limpar dende o Codesal ata Porto Madeiro, papeleiras zona da Armona sen recoller, sen colectores de lixo no Porto Madeiro, táboas rotas no paseo marítimo, chopos sen plantar, caminhos sen limpar e arranxar …etc; resumindo estado de abandono total.

O Goberno presume en por  “en valor o patrimonio natural do entorno do río minho”. Dende Esquerda Unida décimos que  minten; en primeiro lugar tería que preocuparse da conservación permanente, segundo evitar os vertidos ilegais ao río Minho, terceiro eliminar as parcelas en zona marítima, cuarto separación das augas pluviais e de saneamento. Para Esquerda Unida isto non é unha mellora ambiental todo o contrario un ataque a natureza. O “Goberno Municipal” so malgasta o dinheiro público na zona urbana esquecéndose das cuestións de fondo antes mencionadas.

Sobre o saneamento xa falaremos, porque dende Esquerda Unida manifestamos que existe delito ecolóxico na Guarda (Fronte a esterqueira),  e todos esconden a cabeza.

Estamos en “Semana Santa” e a imaxe que da A Guarda e de un pobo en estado agónico, sucio, as zoas mais bonitas e de lecer están en abandono total.

 

Dende Esquerda Unida solicitamos:

 

Protocolo permanente para a limpeza das papeleiras e colectores de lixo na ribeira do Minho e Océano

Protocolo para unha conservación permanente de tódalas instalacións públicas.

Protocolo anual para a limpeza das praias.

Relacionados