A falla de limpeza e mantemento xoga contra a seguridade vial da nosa veciñanza. A inacción da Concellería tamén.
A nosa organización considera necesario, por xustiza, acometer a súa limpeza inmediata, tal e como noutras ocasións xa demandamos. A concellería de Zona Rural non pode restar impasible sen ordenar a inmediata limpeza das gabias. Como medida estrutural a nosa organización demanda que se proceda a garantir un mecanismo de control e mantemento que garanta que non se produzan situacións de falla de limpeza e abandono.
Dende a chegada ao poder político municipal, o PP cancelou de facto incluso as reunións coas entidades veciñais da Zona Rural. Fan falla canles de contacto e sobre todo disposición do Goberno a escoitar e adicar recursos públicos a atender as necesidades, alomenos as que sexan máis perentorias, da veciñanza do rural.
En conexión coa demanda concreta que formula Esquerda Unida, Javier Galán reclama o cumprimento das previsións contidas na ordenanza de montes. Norma que durme nun caixón a pesares de contar cunha ampla colaboración cidadá e de entidades no tempo da súa redacción; daquela contara na súa elaboración con achegas do movemento veciñal e da propia Esquerda Unida, e temos que lamentar que reste esquecida no caixón do abandono, desatendida polos sucesivos Gobernos Municipais.
A falla de cumprimento das obrigas sinaladas nos depósitos, cargas e transporte de madeira de corta semella abrumadora, a pesares das previsións que no artigo 17 manifestan como proceder para que non se deixe restos que ameacen a seguridade vial ou que deixen nun estado de suciedade as gabias cos ramallos derivados da corta. Pedimos, xa que logo, unha intervención de urxencia do Goberno para limpar as devanditas gabias.