Liña de alta velocidade

Para Alternativa Galega de Esquerda (AGE), o modelo ferroviario desenvolvido no Estado español, e polo tanto en Galiza, é o do desbaldimento. “Fomentar unicamente o denominado AVE”, denuncia o deputado de AGE Antón Sánchez, “só se explica se se ten en conta a corrupción nos procesos de licitación e de construción de infraestruturas tan custosas”. Porque, segundo Sánchez, “só á luz do enriquecemento de determinadas empresas, e non do interese xeral, pode entenderse que o Estado español sexa o segundo do mundo en kilómetros de alta velocidade”.

Mais o concepto de Alternativa sobre a organización do transporte público é diamentralmente oposto ao centralismo radial e desbaldidor e aposta por, en palabras de Antón Sánchez, “un modelo de tren que potencie a vertebración do país, os comboios de proximidade, e a racionalidade no investimentos”. “Consideramos que as obras iniciadas en Galiza deben ser rematadas, en concreto o Eixe Atlántico e e mais a liña Madrid-Compostela, pero rematadas dun xeito non fraudulento”, engadiu, “é dicir, con todas as medias de seguridade e coas condicións técnicas pertinentes, non como pasou no tramo Ourense-Santiago, onde un cambiazo trouxo terríbeis consecuencias”. O parlamentario de AGE expuxo a posición onte, no debate no Parlamento de Galicia dunha estrambótica iniciativa en que o PP solicitaba ao Goberno do PP que cumprise os prazos comprometidos polo PP. Toda a oposición votou en contra.

Porque o PP pretende enganar á cidadanía. “Realiza recortes pola parte de atrás, como por exemplo a dobre vía”, indicou Sánchez, quen explicou como a demostración disto se atopa no documento de Adif publicado en abril: “Nel consta un ‘aforro’ de máis de 3.800 millóns de euros e a supresión da dobre vía no tramo entre Madrid e Galicia”, anota Sánchez, quen esixe ao PP que cese nas súas mentiras.

4.1 Corredor Madrid-Galicia

Tramo Olmedo – Zamora – Ourense – Santiago de Compostela Cifras en M€

Resultados e Inversiones Nueva Propuesta (2) Propuesta 2015 Propuesta 2018 Tramo Inv. hasta 2015 Inv. Realizada Inv. Pendiente Realizado OLMEDO-LUBIÁN 2.232 509 1.723 23% TOTAL CORREDOR 2.232 509 1.723 23% Tramo Inv. hasta 2018 Inv. Realizada Inv. Pendiente Realizado OLMEDO-LUBIÁN 2.232 509 1.723 23% LUBIÁN-TABOADELA 1.627 590 1.037 36% TABOADELA-OURENSE – – – – TABOADELA-OURENSE ADECUACIÓN LÍNEA ACTUAL 50 0 50 0% OURENSE-SANTIAGO CAMBIO DE ANCHO 9 0 9 0% VAR. CERDEDO – – – – TOTAL CORREDOR 3.918 1.099 2.819 28%

La propuesta prevé un escenario inicial (2015) con una inversión pendiente contenida (1.723 M€).

El escenario 2018, con un ahorro de 3.840 millones de euros sobre el escenario final considerado. La disposición de vía única respecto de la vía doble supone un ahorro de 1.113 M€

Relacionados