Liñas de bus ó Hospital Naval

 

Esquerda Unida faise eco da realidade dunha numerosa demanda non satisfeita entre as persoas que se teñen que desprazar as devanditas instalacións sanitarias sitas na nosa cidade. Demanda cidadá que se traduciu en numerosos pronunciamento do concello, do conxunto das forzas políticas neste senso.

 

O noso Grupo Municipal non  entende as dilacións da Xunta de Galicia  para resolver esta cuestión. Cuestión que adquire  tintes claramente irracionais e pola que os buses urbanos detéñense uns centos de metros  antes de chegar o vello Hospital Naval.

 

O noso concello xa votou a incorporación ao plan de transporte metropolitano e xa, que logo, a Xunta xa pode solventar coas empresas concesionarias que operan na nosa cidade a prolongación das liñas para que cheguen até as dependencias do vello Hospital. Para EU a non resolución inmediata desta demanda só deixa en evidencia unha vez máis o  desinterese da Xunta de Galicia para coa nosa veciñanza.

 

Esta situación non deixa de transparentar a falla de compromiso do Goberno de Núñez Feijóo para co transporte público. Falla que lastra o conxunto do plan de transporte metropolitano e que levou a nosa organización a non apoialo.

Relacionados