Llamazares en Ferrol

 

Posteriormente a comitiva, xunto con outros membros do Grupo Municipal de Esquerda Unida, realizou un breve percorrido polo barrio para velas instalacións in situ, xa que logo, Esquerda Unida vai reivindicar e a desenvolver unha batería de iniciativas no Congreso no contexto da necesaria ampliación dos espazos da universidade que o cuartel de Dolores, e os espazos conexos de Batallóns e Campo de Abaixo, asemade da residencia de oficiais sexan os elementos que garantan a ampliación da universidade no corazón de Ferrol. 

A comitiva de Esquerda Unida acudiu posteriormente a Fundación Caixa Galicia onde a asociación Fuco Buxán organizou un acto que tivo por obxecto a presentación do libro “Al rojo vivo” de Gaspar Llamazares e Almudena Grandes, onde o Deputado de Esquerda Unida falou ante un abarrotado salón de actos.

A visita de Llamazares a Ferrol tamén serviu para abordar a denuncia da Planta de Gas diante do Parlamento Europeo.

Relacionados