Locais de ensaio

 

Yolanda Díaz  realiza un chamamento á concellería de cultura para que rectifique e faga súas as consideracións expostas polo noso Grupo encol dos locais de ensaio. Son alegacións baseadas nunha concepción ampla do papel e das posibilidades que ten este equipamento cara a dinamizar e alentar aos grupos e a creatividade da mocidade de Ferrol.

 

No documento asinado pola Voceira de EU, Yolanda Díaz avoga por modificar todo un conxunto de aspectos do borrador para democratizar o uso e xestión dos locais, ampliar os contidos ofertados, garantir a súa gratuídade e, en resumo, facer deste espazo un  referente cultural e social de primeira orde na vida da cidade.

 

Sen ánimo de exhaustividade, Esquerda Unida avoga, entre outras, polas seguintes cuestións:

          Garantir a gratuídade do servizo.

          Elaborar pola concellería un Plan de Formación  e un Plan de Dinamización Cultural.

          Revisar a fórmula de xestión dos locais para que combine a xestión pública e avance cara a autoxestión por parte dos grupos usuarios coa colaboración do concello.

          A mellora e extensión dos horarios.

 

 

Esquerda Unida está certa das enormes potencialidades que acubilla este equipamento para pular polos talentos da nosa xente no eido da música e, xa que logo, reclamamos do Goberno Municipal que teña sensibilidade e propicie un papel protagonista e creador  – e non sospeitoso, como se desprende do borrador gubernamental – para a nosa xente moza.

Relacionados