A nosa cidadanía merece alomenos un pequeno xesto dunha Xunta do PP que adoita ser avara con Ferrol” sinalou Yolanda Díaz, promotora da moción que pedía a cesión gratuíta destes locais para uso social das entidades da cidade.
Pedímoslle ao alcalde que sexa quen de defender Ferrol e facerlle notar á Xunta que a cesión deses locais de Álvaro Cunqueiro serve aos intereses xerais da cidade.
Esquerda Unida considera necesario que o Goberno do PP saia da fase de non atender en absoluto e por principio as demandas dos Grupos da oposición. “Non sempre teñen razón eles e non sempre nos equivocamos nós”, indica a Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida.